Detención dun veciño do Carballiño con 11 gramos de cocaína agochados na roupa interior

O detido foi interceptado nunha rúa da localidade do Carballiño e as dilixencias instruídas foron remitidas ao Xulgado de Instrución 2 deste municipio.

Por E.P. | OURENSE | 09/06/2022 | Actualizada ás 17:26

Comparte esta noticia

A Garda Civil do Carballiño detivo a un veciño desta localidade de 37 anos de idade con 11 gramos de cocaína ocultos na roupa interior. Segundo informou o Instituto Armado, foi detido como presunto autor dun delito contra a saúde pública tras intervirlle 11 gramos de cocaína envolta nunha bolsa no interior dun sobre oculto na roupa interior.

O detido foi interceptado nunha rúa da localidade do Carballiño e as dilixencias instruídas foron remitidas ao Xulgado de Instrución 2 deste municipio.

Por outra banda, a Garda Civil da Rúa tomou declaración en calidade de investigados a un veciño de 58 anos de idade de Larouco como presunto autor dun delito contra a seguridade viaria ao ser sorprendido ao volante dun vehículo no quilómetro 0 da OU-603 con perda de vixencia do permiso de conducir.

E axentes do Carballiño tomaron declaracion en calidade de investigado a un veciño de 68 anos desta localidade como presunto autor dun delito contra a seguridade viaria ao ser sorprendido cando conducía un vehículo en Boborás a pesar de carecer de vixencia do permiso de por a perda total de puntos.

Vehículo da Garda Civil
Vehículo da Garda Civil | Fonte: Alberto Ruiz - Europa Press.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta