O funicular de Valga xa é Ben de Interese Cultural

Foi construído en 1927 e é un exemplo único da industria da produción cerámica no Baixo Ulla.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 09/06/2022 | Actualizada ás 20:00

Comparte esta noticia

O vello funicular de transporte áereo de Novo e Sierra de Valga foi declarado Ben de Interese Cultural (BIC) en recoñecemento á súa consideración como exemplo único da industria da produción cerámica no Baixo Ulla.

Torres do funicular aéreo en Valga
Torres do funicular aéreo en Valga | Fonte: Manuel Lara - asociacionbruxa.com

A declaración definitiva da figura de protección para o funicular da localidade pontevedresa recibiu luz verde por parte do Consello da Xunta na reunión celebrada este xoves en Santiago de Compostela.

Deste xeito, quedan protexidos os oito elementos que compoñen a estrutura: sete torres (catro delas completas) e unha zona de embarque.

A antiga liña aérea está situada no lugar de Campaña e conectaba a mina de Mercedes, a antiga fábrica de cerámica Novo e Sierra e o porto do río Ulla.

Construído baixo o sistema alemán Bleichert no ano 1927, é a única destas estruturas que se conserva en Galicia, pois se perderon os funiculares similares que funcionaron en minas de Viveiro e Monforte.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta