Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/06/2022 | Actualizada ás 16:00
Uns 200 axentes de policía de España e Portugal participaron este sábado na Concentración Internacional anual de policías motoristas, que este ano tivo lugar en Santiago de Compostela no marco da celebración do Xacobeo 21-22.
Segundo destacou a Xunta nun comunicado, a iniciativa, organizada pola Asociación Internacional de Policía (IPA), ten como obxectivo fomentar a convivencia entre persoal dos distintos corpos e forzas de seguridade --Policía Nacional, Policía Autonómica, Policía Local e Garda Civil-- a través de visitas, intercambios e experiencias culturais e sociais.
Na Praza do Obradoiro foron recibidos polo director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, que lle agradeceu á IPA a elección de Compostela como destino da concentración neste ano.
Así mesmo, Villanueva manifestou o apoio da Xunta a eventos destas características, que contribúe "á promoción turística non só da cidade, senón das rutas xacobeas e de toda a comunidade". Coa peregrinación a Santiago e a ofrenda ao Apóstolo, os axentes finalizan un programa de actividades lúdicas e culturais que iniciaron o pasado venres e que incluíu tamén visitas a Sada, Cambre, A Coruña e Cerceda.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.