Os socialistas ourensáns: "O PP está a desaparecer da escena... nós somos a alternativa ao clientelismo do PP"

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/06/2022 | Actualizada ás 16:40

Comparte esta noticia

O PSdeG-PSOE Ourense reivindícase como alternativa "ao clientelismo do Partido Popular" e como "referencia política" da provincia a menos dun ano das eleccións municipais.

No Comité Provincial celebrado este sábado, o secretario provincial, Rafael Rodríguez Villarino, asegurou que o PP está "a desaparecer da escena" e que cada día ten "menos seguidores e votantes". Neste contexto, Villarino sinalou que é o momento de que os socialistas se presenten á sociedade como "a referencia política de Ourense".

Ademais, o líder dos socialistas ourensáns tamén sinalou que este é o momento de "reivindicar a volta á democracia" e "acabar co clientelismo na provincia". Así mesmo, Villarino afirmou que nestes momentos gobernan na cidade e na provincia "dúas persoas que ningún votante de Ourense desexaría que estivesen a gobernar e, neste sentido, sinalou que isto ocorre "para manter os seus intereses espurios e unha política clientelar" que, engadiu, "debe finalizar". Unha alusión clara a Baltar e Jácome.

Nesta mesma liña, insistiu en que "o futuro de Ourense pasa por un PSdeG que se converta no referente de toda a cidadanía" e destacou que o obxectivo final é "guiar a Ourense cara a un futuro ilusionante".

O secretario provincial do PSdeG-Ourense, Rafael Rodríguez Villarino.. PSDEG OURENSE
O secretario provincial do PSdeG-Ourense, Rafael Rodríguez Villarino.. PSDEG OURENSE | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta