Senado e Real Academia Galega asinarán un convenio para para difundir a lingua e cultura galegas

O presidente da Cámara Alta defende que "hai que saír de Madrid", porque "non todo" ocorre na capital.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 13/06/2022 | Actualizada ás 14:58

Comparte esta noticia

O presidente do Senado, Ander Gil, realizou este luns unha visita institucional a Galicia, que incluíu unha reunión coa Real Academia Galega (RAG), o Concello de Santiago, o Parlamento autonómico e a Xunta, unha última parada na que mantivo un encontro co xefe do Executivo, Alfonso Rueda.

O presidente da RAG, Víctor Freixanes, co presidente do Senado, Ander Gil, na súa visita institucional a Galicia
O presidente da RAG, Víctor Freixanes, co presidente do Senado, Ander Gil, na súa visita institucional a Galicia | Fonte: RAG.

Acompañado de Miguel Santalices --titular do Lexislativo auto--; o presidente da Cámara Alta explicou que esta visita ten como obxectivo estreitar lazos e achegar as institucións a todos territorios, consciente de que "hai que saír de Madrid", porque "non todo" ocorre na capital. Neste sentido, avanzou un convenio de colaboración para difundir a lingua e cultura galegas no Senado, á vez que reafirmou o seu apoio a "reforzar" as linguas cooficiais na institución territorial.

O Senado tomou en consideración unha reforma do regulamento que pretende aumentar o uso das linguas cooficiais --que xa teñen espazos nesta cámara--. Con todo, os prazos dilatáronse e polo momento non continuou a súa tramitación.

Preguntado por esta cuestión tras reunirse co presidente do Parlamento, Ander Gil expresou a súa "vontade de reformar o uso das linguas" no Senado. "Son partidario de que se faga, xa se fai, (pero) podemos avanzar un pouco máis", manifestou, para agregar que está "á espera" de que os grupos "decidan abordar este debate".

En liña coa promoción do idioma e cultura propias dos territorios, Ander Gil, que tamén visitou casa Museo de Emilia Pardo Bazán --acompañado do delegado do Goberno, José Miñones, entre outras autoridades--, avanzou un convenio coa RAG, con cuxo presidente, Víctor Freixanes, mantivo un encontro á primeira hora deste luns.

Nesa reunión, o presidente do Senado expuxo a posta en marcha dun acordo similar ao que xa se subscribiu coa Real Academia Vasca-Euskaltaindia, e que rubricará proximamente co Institut d'Estudis Catalans, que será aprobado pola Cámara Alta esta mesma semana.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta