Ferrol converterase no escenario da segunda tempada de 'Rapa'

É o thriller criminal dos creadores de 'Hierro'.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/06/2022 | Actualizada ás 17:44

Comparte esta noticia

'Rapa', o thriller criminal dos creadores de 'Hierro' que se estreou na plataforma o xoves 19 de maio, contará cunha segunda tempada, que se desenvolverá en Ferrol.

Segundo informa Movistar Plus+, a serie confirmouse como "un gran éxito de crítica e audiencia", e situouse como a mellor estrea da tempada da plataforma. 'Rapa' logrou un dato "excepcional" de consumo no seu primeiro mes de dispoñibilidade, xa que o 75% da clientela que viu o primeiro episodio completou a tempada.

Creada por Pepe Coira e Fran Araújo, a serie orixinal Movistar Plus+, coproducida por Portocabo, terá unha segunda tempada protagonizada de novo por Mónica López ('Hierro', 'Antidisturbios'), como Maite, e por Javier Cámara ('Sentimental', 'Venga Juan'), como Tomás.

A trama dos novos episodios trasládase a Ferrol cun caso sen resolver que volverá unir á parella.

Imaxe de 'Rapa', serie de Movistar+. COMUNICACIÓN PORTOCABO
Imaxe de 'Rapa', serie de Movistar+. COMUNICACIÓN PORTOCABO | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta