A Deputación da Coruña participa na feira de Turismo de Málaga promocionando os festivais de arte urbana

Unha das apostas que está a realizar a Deputación na súa estratexia de promoción turística do territorio é a do turismo cultural, neste caso a través dos festivais de arte urbana que se desenvolven na provincia da Coruña, tal e como apunta a institución.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/06/2022 | Actualizada ás 19:19

Comparte esta noticia

A Deputación da Coruña volve participar este ano no CM Málaga Cities & Museums International Trade Fair, un evento que celebra este ano a súa segunda edición para mostrar o papel das institucións culturais e as súas diferentes propostas na transformación das cidades e da sociedade, así como nos fluxos turísticos e culturais.

A Deputación da Coruña contará cunha presenza activa nos dous días de Feira, participando nunha mesa redonda sobre arte urbana o luns 20 e cunha conferencia sobre a arte contemporánea ao aire libre o martes 21, a cargo do vicepresidente e deputado de Turismo, Xosé Regueira.

Unha das apostas que está a realizar a Deputación na súa estratexia de promoción turística do territorio é a do turismo cultural, neste caso a través dos festivais de arte urbana que se desenvolven na provincia da Coruña, tal e como apunta a institución.

A Deputación, a través da área de Turismo, convoca anualmente unha liña de axudas para financiar eventos de pintura mural de arte pública. De feito, en 2021 a Deputación apoiou o Cromático Mural Fest do Concello de Cambre con 22.241,55 euros, o Festival Rexenera Fest do Concello de Carballo con 33.205,60 euros e o DesOrdes Creativas do Concello de Ordes con 19.844,00 euros.

Nesta edición, ademais da participación nas mesas e relatorios do programa, a Deputación da Coruña deixará na cidade de Málaga unha pegada permanente, a través dun mural que realizarán os artistas urbanos Mou e Sokram, do colectivo Mutante Creativo e coordinadores do Festival DesOrdes Creativas.

O mural, que se realizará durante os días da Feira, estará situado nun equipamento municipal, denominada Centro Cidadán Félix Ariza. O edificio foi proposto polo Goberno municipal de Málaga por tratarse dun dos lugares máis concorridos da cidade, posto que concentra a máis de 700 familias como usuarias dun amplo catálogo de actividades de lecer e deporte, e por estar situado no acceso ao Campus Universitario, ao Hospital de referencia da cidade e á Cidade da Xustiza de Málaga.

O presidente provincial, Valentín González Formoso, esquerda. DEPUTACIÓN DA CORUÑA
O presidente provincial, Valentín González Formoso, esquerda. DEPUTACIÓN DA CORUÑA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta