Evacuado un ferido en Xunqueira de Ambía ao quedar atrapado nunha máquina para abonar

Os Bombeiros de Xinzo de Limia excarceraron á persoa para ser atendida polos servizos sanitarios, que mobilizaron o helicóptero no que foi trasladada ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO).

Por E.P. | OURENSE | 13/06/2022 | Actualizada ás 19:48

Comparte esta noticia

Un home necesitou ser evacuado nun helicóptero medicalizado despois de quedarlle atrapadas as pernas debaixo dunha máquina para botar e estender abono, no municipio de Xunqueira de Ambía.

Segundo a información recollida no 112 Galicia, os Bombeiros de Xinzo de Limia excarceraron á persoa para ser atendida polos servizos sanitarios, que mobilizaron o helicóptero no que foi trasladada ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO).

Os feitos sucederon nunha leira particular do lugar de Bustelo, na parroquia da Abeleda, sobre as 13,40 horas. Nese momento, unha persoa particular contactou co 112 Galicia para alertar do accidente. Foron tamén avisados 061, Bombeiros de Xinzo, Garda Civil, GES de Maceda e Protección Civil.

Ambulancia do 061
Ambulancia do 061 | Fonte: 061-GALICIA.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta