Feridos dous homes, un rescatado do interior dun coche, tras chocar cun poste en Betanzos

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/06/2022 | Actualizada ás 09:48

Comparte esta noticia

Unha saída de vía ocorrida na medianoite do luns ao martes no concello coruñés de Betanzos saldouse con dúas persoas feridas de diversa consideración, dous homes, de 29 e 43 anos, dos cales o que ía no asento do acompañante foi excarcerado polos bombeiros do interior do vehículo.

Segundo informou o 112 Galicia, sobre as 00,00 horas varios particulares contactaron co Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) para alertar dun vehículo que sufrira unha saída de vía na estrada AC-161, ao seu paso polo lugar de Pontellas.

Segundo indicaron, unha persoa estaba atrapada no interior do turismo despois de cochar contra un poste. Por iso, os xestores do CIAE 112 Galicia activaron un operativo formado por Urxencias Sanitarias de Galicia-061, polos Bombeiros de Betanzos, axentes de Tráfico e da Policía Local, así como polos voluntarios brigantinos de Protección Civil.

Accidente de tráfico
Accidente de tráfico | Fonte: GARDA CIVIL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta