San Cibrao das Viñas terá un proxecto pioneiro en Galicia para o tratamento conxunto de residuos industriais

Está mpulsado polos empresarios da área industrial de San Cibrao das Viñas e o propio Concello.

Por E.P. | Ourense | 14/06/2022 | Actualizada ás 19:01

Comparte esta noticia

A Deputación de Ourense contribuirá á posta en marcha dun proxecto pioneiro en Galicia, 'Polígono Verde', impulsado polos empresarios da área industrial de San Cibrao das Viñas e o propio Concello, para o almacenamento e tratamento conxunto dos residuos producidos polas máis de 600 empresas que conforman o cinto industrial máis grande no territorio galego, incluíndo os polígonos de Pereiro de Aguiar, Barreiros e Seixalbo.

Reunion de Manuel Baltar co presidente da Asociacion de Empresarios do Poligono de San Cibrao 2
Reunion de Manuel Baltar co presidente da Asociacion de Empresarios do Poligono de San Cibrao 2 | Fonte: Deputación de Ourense.

Manuel Baltar confirmou o apoio da Deputación a este proxecto tras a reunión que este martes mantivo no Pazo Provincial co presidente da Asociación de Empresarios do Polígono de San Cibrao, José Antonio Rodríguez, encontro no que tamén participou o alcalde, Manuel Pedro Fernández.

A Deputación, asegurou Manuel Baltar, "seguirá colaborando para o desenvolvemento de todas aquelas solucións imaxinativas" que acheguen desde a área empresarial, un "espazo industrial estratéxico" para a economía da provincia.

A iniciativa trata de dar "unha nova resposta á xestión dos residuos industriais", un dos grandes retos que enfrontan a diario os empresarios, "xusto no momento no que entra en vigor a nova normativa comunitaria para a redución e reciclado destes refugallos".

Para desenvolver o seu plan, a asociación de empresarios tomou como punto de partida o 'Centro Verde' construído hai máis dunha década e que actualmente permanece en desuso. Neste punto, situado na rúa 4 do Polígono de San Cibrao, procederíase á recepción, agrupamento por lotes homoxéneos e almacenamento dos residuos, ata alcanzar un volume suficiente que, ao mesmo tempo, permita optimizar os custos de transporte e tratamento aos xestores autorizados.

O centro, que funcionará como unha estación de transferencia de mercadorías, permitiría atender unha importante demanda das empresas como é a recollida selectiva do gran volume de residuos plásticos, papel e cartón que se producen no interior das instalacións.

Os propios empresarios do polígono de San Cibrao das Viñas, segundo reflicte unha enquisa da asociación, xa están no camiño da economía verde, pois o 44% asegura posuír algunha medida para a redución do uso de embalaxes.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta