Temas: ENCOROS AUGA SECA

As reservas dos encoros galegos están 12 puntos por baixo dos niveis de hai un ano

Atópanse ao 56,9% da súa capacidade.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 14/06/2022 | Actualizada ás 19:10

Comparte esta noticia

As reservas de auga dos encoros galegos son de 2.114 hectómetros cúbicos, o que supón un descenso de nove hectómetros cúbicos respecto a hai sete días, segundo os datos publicados polo Ministerio de Transición Ecolóxica este martes.

Seca no encoro de Lindoso, na Baixa Limia, que deixa ver a aldea sumerxida de Aceredo
Seca no encoro de Lindoso, na Baixa Limia, que deixa ver a aldea sumerxida de Aceredo | Fonte: Gonzalo Blanco.

De tal forma, as reservas atópanse no 56,9% dos 3.714 hectómetros cúbicos de capacidade posible, é dicir, 12 puntos por baixo do 68,9% que se alcanzaba na mesma semana de 2021.

A cifra actual en Galicia, que se atopa en prealerta por seca, é aínda peor se se compara coa media da última década a estas alturas de xuño, posto que esa taxa é do 79,3%, máis de 20 puntos por enriba destas datas.

De tal forma, os encoros de Miño-Sil, os máis caudalosos en Galicia, contan con 1.649 hectómetros cúbicos (sete menos que hai unha semana), cunha taxa do 54,4%. Hai un ano eran 2.039 hectómetros cúbicos (2.375 na media do últimos dez anos).

Pola súa banda, a cantidade de auga en Galicia Costa é de 465 hectómetros cúbicos, por baixo tanto da cantidade do ano pasado (520) como da media do últimos dez anos (571).

Temas: ENCOROS AUGA SECA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta