A Academia Galega do Teatro presenta os "principios" para "amparar a creación escénica" na vindeira década

Luciano Fernández recibirá o Premio da academia polo seu labor de promoción e difusión da escena galega nas últimas catro décadas.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/06/2022 | Actualizada ás 13:01

Comparte esta noticia

A Academia Galega de Teatro presentará este xoves, 16 de xuño, a edición impresa das actas do I Congreso Internacional do Teatro Galego, un volume de case mil páxinas que recolle as achegas realizadas durante o encontro que tivo lugar en outubro de 2020 e que deseñou os principios teóricos que deberían guiar a creación dun plan estratéxico e dunha lexislación que ampare a creación e distribución escénica para a vindeira década. 

Inma António, presidenta da Academia Galega de Teatro no I Congreso Internacional do Teatro Galego. Autor: Martín Lagoa.
Inma António, presidenta da Academia Galega de Teatro no I Congreso Internacional do Teatro Galego. Autor: Martín Lagoa.

Nese mesmo acto, que se celebrará no Ateneo Ferrolán, a presidenta da Academia, Inma António, fará entrega do Premio da Academia a Luciano Fernández Vicente, "pola súa contribución ao sistema teatral e longa traxectoria profesional no Concello de Narón". Ao longo do encontro intervirán Luma Gómez, actriz de Teatro do Noroeste, para falar do traxecto "Do Afeccionado ao Profesional" dos últimos corenta anos do teatro; Xoana Balado, directiva da Academia, quen lembrará o I Encontro do Teatro Profesional no ano 1988, coa participación de alumnos da Escola de Teatro de Narón; e finalmente, a Presidenta da Academia do Teatro, Imma A. Souto, que presentará o volume que recolle as Actas.

O acto finalizará coa entrega do Premio da Academia a Luciano Fernández Vicente, Director Técnico do Pazo da Cultura de Narón. Fernández comezou o seu labor teatral xa na década de 1980, cando se estaban a poñer as primeiras pedras do sistema profesional do teatro galego. Na altura, Fernández xorde como unha figura esencial no impulso e na creación de

innumeras iniciativas como o Padroado da Cultura de Narón, a Mostra “Xeración Nós” ou o I Congreso de Animación Sociocultural. Colaborou tamén na renovación do Ateneo Ferrolán, e participou da creación de circuítos e programacións que axudaron a estimular e promocionar a nacente actividade escénica profesional. Durante os últimos 35 anos, Fernández continuou co seu labor a prol do teatro galego desde o seu rol de xestor cultural.

O I CONGRESO DO TEATRO GALEGO

O I Congreso Internacional de Teatro Galego analizou, entre o 7 e o 10 de outubro de 2020, cuestións relacionadas coa experiencia acumulada no teatro galego nos últimos corenta anos, sobre os retos que enfronta na actualidade e sobre modelos externos dos que se poidan extraer ensinanzas no futuro. Máis de setenta especialistas participaron en conferencias, mesas de debate, comunicacións persoais e debates plenarios para, por unha banda, analizar o presente dende unha perspectiva académica e, pola outra, deseñar os principios teóricos para a creación dun plan estratéxico que ampare a creación e distribución escénica para a

vindeira década.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta