Os concellos terán que repercutir a subida salarial do 6,5% no Servizo de Atención ao Fogar

Así o determina unha resolución do Tribunal Administrativo de Contratación Pública de Galicia tras un recurso presentado por Comisións Obreiras.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/06/2022 | Actualizada ás 12:25

Comparte esta noticia

Os concellos galegos deberán repercutir na licitación dos contratos do Servizo de Atención no Fogar unha subida salarial do 6,5% ás traballadoras en virtude da aplicación da cláusula do convenio colectivo que liga a actualización das retribucións á subida do IPC.

Así o determina unha resolución do Tribunal Administrativo de Contratación Pública de Galicia (Tacgal) tras o recurso presentado por Comisións Obreiras á licitación do contrato no concello de Monforte de Lemos.

O fallo de Contratación dá a razón ao sindicato e tomba os argumentos expostos pola empresa consultora contratada polo goberno local, que alegaba a caducidade do convenio colectivo --pendente de renovación-- para xustificar a actualización dos salarios ao 2,5% e non ao 6,5%, taxa de IPC coa que terminou 2021.

Como lembra nun comunicado Comisións, no ano 2013 o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia sentenciou que as traballadoras do Servizo de Atención no Fogar tiñan dereito a que as súas retribucións se actualizasen cada ano en función do incremento do IPC.

Agora, o Tacgal ratifica esa liña ao rexeitar a postura do concello monfortino, que argumentou que recoñecer unha porcentaxe de incremento do 6,5% levaría os sindicatos a "bloquear calquera negociación dun novo convenio" ao tratarse dunha subida que non é "realista".

Unha muller ao coidado dunha persoa maior
Unha muller ao coidado dunha persoa maior

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta