As exportacións galegas aumentan un 22,1% en abril

As importacións soben un 37,8%.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/06/2022 | Actualizada ás 12:51

Comparte esta noticia

As exportacións galegas aumentaron un 22,1% en Galicia no mes de abril en taxa interanual mentres que as importacións fixérono un 37,8%, segundo datos publicados este xoves polo Instituto Galego de Estatística (IGE). Estas porcentaxes están por encima do conxunto do Estado no caso das exportacións, que aumentaron un 21,2%. No caso das importacións, estiveron por baixo da media estatal onde o incremento foi do 38,9%

No caso de Galicia, os produtos con maior influencia positiva nas exportacións de abril foron os combustibles e aceites minerais, que, cun peso do 12,4% sobre o total das exportacións galegas e unha taxa de variación do 475,9%, repercuten en 12,5 puntos. O grupo de 'Materias téxtiles e as súas manufacturas', que representa o 24,8% das exportacións galegas neste mes, repercute con 13,2 puntos na taxa de variación. Pola contra, a maior repercusión negativa está en automóbiles e tractores cun descenso de 15,5 puntos.

En abril, a taxa interanual das importacións galegas é do 37,8%. Os produtos que influíron neste dato foron os ' 'combustibles, aceites minerais', que representan o 22,7% do peso total e repercuten 20,4 puntos.

PAÍSES

Ese mes as expedicións dirixidas á Unión Europea (71,6% do total) presentan unha taxa de variación interanual do 23,5%. Aumentan as vendas cara a países como Portugal (34,8%), Italia (45,5%), Bélxica (120,1%), Alemaña (47%) e Países Baixos (12,2%). Pola contra, diminúen cara a Francia (-28,3%).

No caso dos produtos procedentes da Unión Europa, que neste mes de abril representan un 47% do total, prodúcese unha subida do 15,5% respecto ao mesmo mes do ano 2021, debido fundamentalmente ao aumento das compras a Portugal (71,0%).

Respecto ao resto de países e en relación ás exportacións, destaca o aumento das dirixidas cara a Estados Unidos, mentres que nas importacións aumentan as procedentes deste país e diminúen as de Marrocos. O peso de Galicia no conxunto de España, en abril de 2022, ascende ao 7,4% no total de exportacións e ao 5,5% no total de importacións.

Arquivo - Exportación de vehículos no porto de Vigo. PEDRO DAVILA-EUROPA PRESS - Arquivo
Arquivo - Exportación de vehículos no porto de Vigo. PEDRO DAVILA-EUROPA PRESS - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta