Gadis patrocina máis de 50 festivais de música, festas e producións audiovisuais

Entre eles están O Son do Camiño, Portamérica, FIV de Vilalba, o FEstival da Luz ou o Atlantic Fest.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 16/06/2022 | Actualizada ás 20:00

Comparte esta noticia

Supermercados Gadis, que forma parte de GADISA retail, empresa 100% galega e líder da distribución alimentaria en Galicia, reafirma o seu compromiso co fomento da cultura neste 2022 mediante o patrocinio de máis de 50 festivais de música e audiovisuais. A cadea repartirá ao longo do ano máis de 1.000 entradas gratuítas para unha vintena de espectáculos entre os seus clientes, a través de sorteos nos supermercados, redes sociais e da APP “Gadis+”. 

Festiva Revenidas
Festiva Revenidas | Fonte: Gadis

De feito, a compañía indica que máis de 450 dos seus clientes poderán gozar esta fin de semana de O Son do Camiño, con artistas de primeiro nivel que o converten no evento musical máis destacado do Xacobeo 2021-2022, do que a compañía é un dos principais patrocinadores.

Outras das colaboracións importantes son o Portamérica (Caldas); o FIV de Vilalba; o Festival da Luz (Boimorto); o Atlantic Fest (Vilagarcía); Revenidas (Vilagarcía); Festival Sen Sal (Redondela); a Carballeira de Zas ou o Festival de Ortigueira, estes últimos centrados en dar visibilidade á música de raíz. Para algúns deles, así como para o Ourensound e os concertos do Pasatempo de Betanzos, distribuiranse entradas entre os clientes a través de accións en redes sociais e a APP ‘ Gadis +’.

"Este impulso á cultura forma parte da esencia da empresa, que cooperou, desde sempre, con numerosos proxectos, especialmente de carácter musical. Para promover o acceso da sociedade á cultura, achega o seu gran de area tanto nos festivais máis consolidados como nos de recente creación", apunta nun comunicado.

AUDIOVISUAL

O compromiso cultural abarca tamén o cinema e a produción audiovisual, colaborando con diferentes proxectos e festivais como o Play Doc (Tui); o Festival de Cans (O Porriño); o FIC Bueu; o Ourense Film Festival; o Festival de Cinema de Medina ou a Seminci de Valladolid. Tamén favorece o desenvolvemento de máis dun centenar de festas en toda a xeografía galega como, por exemplo, o Asalto ao Castelo (Vimianzo), a Festa do Percebe do Roncudo (Corme), a Festa do Albariño (Cambados), a Festa do Polbo do Carballiño, e a Festa do Polbo de Mugardos. Grazas a este apoio, contribúe a salvagardar tradicións do acervo cultural galego.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta