Ascenden a 260 as hectáreas calcinadas nunha fermosa paraxe natural de Ourense

Dous lumes arrasan as parroquias de Seadur e Freixido.

Por Europa Press / Redacción | Ourense | 17/06/2022 | Actualizada ás 09:59

Comparte esta noticia

Un dos incendios rexistrados no concello ourensán de Larouco, o declarado o mércores ás 20,59 horas na parroquia de Seadur, quedou controlado ás 18,35 horas deste venres. As últimas estimacións provisionais facilitadas pola Consellería do Medio Rural cifran a superficie afectada nunhas 120 hectáreas.

Outro lume rexistrado na parroquia de Freixido quedou estabilizado ás 13,33 horas deste venres tras empezar o xoves ás 7,26 horas. As novas estimacións cifran a superficie afectada en 140 hectáreas.

O lume avanza entre os concellos de Quiroga e Larouco
O lume avanza entre os concellos de Quiroga e Larouco | Fonte: eldiario

Así o informou a Consellería do Medio Rural, que detallou que o incendio forestal na parroquia de Freixido está estabilizado desde as 13,33 horas, tras iniciarse ás 7,26 horas deste xoves. Así mesmo, concretou que para o seu control foron mobilizados 16 axentes, 30 brigadas, 19 motobombas, dúas pas, cinco helicópteros e dous avións.

Por outra banda, o incendio forestal da parroquia de Seadur está estabilizado desde as 00,36 horas deste venres, tras iniciarse ás 20,59 horas do mércores. Segundo as últimas estimacións, a superficie queimada é dunhas 120 hectáreas. Para o control deste lume foron mobilizados un técnico, 14 axentes, 27 brigadas, 26 motobombas, unha pa, catro helicópteros e dous avións.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta