CC.OO. presume de "duro correctivo" á CIG nas eleccións sindicais en Ence

Destaca que obtivo maioría absoluta e que os traballadores votaron "para continuar en Lourizán".

Por Galicia Confidencial | Pontevedra | 17/06/2022 | Actualizada ás 12:18

Comparte esta noticia

CC.OO. logra a presidencia do Comité de Empresa de Ence tras conseguir a maioría absoluta nunhas eleccións sindicais nas que obtivo 7 representantes, fronte a 3 da CIG e 3 de UGT. Unhas eleccións nas que sobe dous delegados sindicais, os mesmos que perde a CIG.

Varias decenas de persoas protestan nunha manifestación dos traballadores de Ence, a 16 de xullo de 2021
Varias decenas de persoas protestan nunha manifestación dos traballadores de Ence, a 16 de xullo de 2021 | Fonte: Europa Press - Arquivo

Por iso, esta central sindical presume de que nestes comicios venceu porque a plantilla "decideu darlle o apoio a linea de mobilizacions emprendidas por CC.OO. en defensa da permanencia en Lourizán, que contaron co inestimable apoio do persoal das oficiñas, das empresas auxiliares, e dos sectores loxístico e forestal". 

Neste sentido, destaca que, por primeira vez, dende que se celebran eleccions sindicais na fábrica e se presentan os tres sindicatos de clase, un sindicato obtén maioría absoluta no Comité de Empresa, "o que pon en valor a importancia e a trascendencia do resultado obtido por CC.OO.".

"Destas eleccions tamén estaban pendentes tódalas institucions e partidos políticos que promoven o peche de Ence e a destrucción dos postos de traballo, que a bon seguro sentiranse decepcionados pola recuperación da normalidade sindical que supón a defensa intransixente dos postos de traballo, e pola consecuente perda de apoios dos seus aliados na empresa", engade CC.OO. nun comunicado.

CC.OO. valora os resultados polo que "supón de consolidación da unidade de acción co resto do persoal propio de Ence e cos traballadores dos sectores auxiliares e indirectos" e porque permiten "gañar forza na defensa da permanencia en Lourizán e na asdcripción de Ence ao Porto de Marín".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta