Sanidade, disposta a negociar o aumento salarial ao persoal que prolongue a súa xornada laboral

Os sindicatos demandan 12.000 euros anuais, mentres o Sergas ofreceu 10.000.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/06/2022 | Actualizada ás 12:48

Comparte esta noticia

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, sinalou que ante a demanda dos sindicatos que reclaman 12.000 euros anuais --mil ao mes-- como complemento salarial ao persoal médico de Atención Primaria que prolongue a súa xornada laboral nun centro de saúde con algunha praza vacante de médico sen cubrir, a Xunta está disposta a negociar os 10.000 euros ao ano que ofreceu o Servizo Galego de Saúde (Sergas) na Mesa Sectorial celebrada esta semana.

"Estamos abertos a axustar ese recoñecemento nos termos que os representantes legais dos traballadores nos suxiran e nós podamos abordar", indicou Comesaña a preguntas dos medios na Coruña, á vez que insistiu en que se trata dun recoñecemento "máis que merecido". "Trataremos de chegar a un acordo como en calquera negociación", apostilou.

Así, en respostas aos medios antes da inauguración do I Congreso Galego de Formación Sanitaria Especializada, Comesaña destacou o "enorme papel" que levan facendo os profesionais de Atención Primaria "todos os veráns durante moitos anos".

O pasado martes no marco da Mesa Sectorial, o Sergas ofreceu aos sindicatos por prolongación de xornada programada nun centro de saúde con algunha praza vacante de médico sen cubrir, que supón catro horas e media á semana máis, 10.000 euros ao ano, mentres que as centrais reivindican mil euros ao mes brutos para que se teñan en conta as vacacións (12.000 euros anuais).

O conselleiro de Sanidade,  Julio García Comesaña, inaugura un novo centro de rehabilitación psicosocial en Ponteareas.. XUNTA
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, inaugura un novo centro de rehabilitación psicosocial en Ponteareas.. XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta