Máis de 140 vítimas de violencia de xénero foron atendidas polo Secretariado Xitano e a Xunta desde 2019

A Xunta achegará 25.000 euros de fondos do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero á Fundación para que esta poida ofrecer estas actividades entre a comunidade xitana. As achegas suman 100.000 euros desde 2019, cando se iniciou a colaboración.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/06/2022 | Actualizada ás 16:00

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia e a Fundación Secretariado Xitano asinaron un novo convenio de colaboración para desenvolver actuacións de sensibilización sobre a igualdade de xénero entre a comunidade xitana, así como desenvolver un programa integral de apoio ás mulleres xitanas que sofren violencia de xénero. No marco desta iniciativa englóbanse accións para capacitar ás mulleres no campo das novas tecnoloxías, para contribuír a mellorar as súas oportunidades laborais e frear a fenda dixital.

Máis de 140 mulleres foron atendidas desde 2019 no marco desta colaboración, a través dos programas de atención e apoio integral para mellorar a situación da muller xitana pola dobre discriminación que sofre, por ser muller e por ser xitana.

A Xunta achegará 25.000 euros de fondos do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero á Fundación para que esta poida ofrecer estas actividades entre a comunidade xitana. As achegas suman 100.000 euros desde 2019, cando se iniciou a colaboración.

Grazas a esta iniciativa desenvolveranse accións de sensibilización de igualdade de xénero e de prevención da violencia machista dirixidas tanto a homes como mulleres, de todas as idades, para promover as relacións igualitarias na parella. Máis de 650 persoas participaron nestas actividades no últimos tres anos, destacando o aumento da presenza masculina, pois pasou dos 20 homes en 2019 aos 113 homes en 2021.

Arquivo - A valedora do Pobo, María Dolores Fernández Galiño, a presidenta do CCG, Rosario Álvarez, e a delegada Territorial da Fundación Secretariado Xitano, Eva Beira; nunhas xornadas organizadas con motivo do Día Internacional do Pobo Xitano. CCG - Arquivo

¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta