Ana Pontón lanza a proposta de axudas directas para o colectivo de traballadores autónomos

Pontón reuniuse este venres coa dirección da Unión de profesionais e traballadores autónomos (UPTA), encabezada por Eduardo Abad e Jesús Diéguez, co fin de abordar a súa situación nun momento en que se están ultimando reformas lexislativas para un colectivo "con moitas dificultades, a pesar do seu pulo e importancia".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/06/2022 | Actualizada ás 17:47

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, propón axudas directas aos traballadores autónomos para paliar os efectos da subida de prezos, xa que, advirte, é un dos colectivos "máis impactados" pola escalada inflacionista. Ademais, lembra que o 70 por cento das 210.000 persoas que están nesta categoría laboral teñen rendas inferiores ao salario mínimo interprofesional.

Pontón reuniuse este venres coa dirección da Unión de profesionais e traballadores autónomos (UPTA), encabezada por Eduardo Abad e Jesús Diéguez, co fin de abordar a súa situación nun momento en que se están ultimando reformas lexislativas para un colectivo "con moitas dificultades, a pesar do seu pulo e importancia" e que, por iso, precisan un "apoio por parte das administracións públicas".

Ademais das axudas directas, que Pontón inclúe dentro do plan d choque de 700 millóns de que o BNG propón mobilizar, tamén incorpora prestar apoio no proceso de transformación e dixitalización que esixe o momento. Outro dos asuntos tratado no encontro, ao que tamén asistiu Daniel Pérez, foi a reforma estatal que se debate neste momento e, en concreto, os tramos de cotización.

"Pensamos que é importante abordar un sistema que achegue maior equidade para as persoas autónomas e fixar tramos é un camiño acertado, pero para facer unha valoración hai que esperar a ver o resultado final da negociación en curso, como se concretan os tramos e cales serán as contraprestacións para un colectivo tan de gran importancia económica e social", explicou.

PENSIÓNS MÁIS BAIXAS

Pontón incidiu en que a maioría de persoas autónomas en Galicia teñen pensións "moi baixas", as segundas "máis reducidas" do Estado. Así, a líder nacionalista tamén insistiu ao Goberno de Rueda nun plan de choque que "mobilice 700 millóns de euros", con axudas directas para os colectivos con menos niveis de renda e para os sectores económicos máis impactados polo IPC, entre eles os que traballan por conta propia.

"Un plan que inclúa unha liña de axudas directas para este sector que está a soportar como poucos a escalada de prezos", sentenciou.

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, reúnese con representantes de UPTA. BNG
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, reúnese con representantes de UPTA. BNG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 Gamela

Esto debe ser o mesmo que a ilusión e forza coa que Lores seguirá á fronte do Concello de Pontevedra logo de 24 anos ! Parece mentira pero debe ser certo que algúns teñen a vida asegurada no BNG ~ UPG mentras a outros retíranlle a confianza en 3 anos (Anxo Quintana) A vida é o que ten... que nunca deixa de sorprender !

1 Sentidiño

Toda a razón: homes vellos de 44 anos que sempre estiveron no goberno, como Ana Pontón, xa deberían ir marchando...