Un veciño de Ferrol detido polas agresións nas festas de Vilaboa, en Valdoviño

As dilixencias instruídas foron remitidas ao Xulgado de Instrución de Garda de Ferrol.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/06/2022 | Actualizada ás 13:29

Comparte esta noticia

A Garda Civil detivo a un mozo de Ferrol como presunto autor das agresións rexistradas nas festas de Vilaboa, en Valdoviño, o pasado día 22 de maio. Ademais, outra persoa foi investigada como autor/inductor destas agresións.

Conforme detallou o instituto armado, os feitos ocorreron durante a celebración das festas patronais desta localidade. Segundo os testemuños recolleitos polos axentes, durante a madrugada houbo varios conatos de pelexas que finalizaron sen lesionados e, a última hora, producíronse varias agresións con lesións.

Ante iso, a Garda Civil iniciou unha investigación para o esclarecemento dos feitos. Tanto as vítimas como as testemuñas recoñeceron como autor das agresións ao agora detido e explicaron que non o coñecían nin tiveran ningún enfrontamento previo.

Por tales feitos procedeuse á detención deste home como autorde catro delitos de lesións e á investigación doutra persoa como autor/ inductor dun delito de lesións. As dilixencias instruídas foron remitidas ao Xulgado de Instrución de Garda de Ferrol.

Vehículo da Garda Civil
Vehículo da Garda Civil | Fonte: Alberto Ruiz - Europa Press.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta