O Concello de Ourense denuncia que Loquillo cancelase o seu concerto para o 25 de xuño

Segundo explican, a representación do artista aludiu a "diversos imprevistos e continxencias" para cancelar a actuación, algo do que tiveron coñecemento no concello este venres.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/06/2022 | Actualizada ás 19:14

Comparte esta noticia

O Concello de Ourense fixo público este sábado que Loquillo cancelou unilateralmente a actuación que tiñan confirmada no municipio para o 25 de xuño; unha situación que, aseguran, denunciarán xudicialmente.

Nun comunicado, o Goberno local confirma que traballan na contratación dunha alternativa artística do mesmo nivel para substituír a Loquillo.

Segundo explican, a representación do artista aludiu a "diversos imprevistos e continxencias" para cancelar a actuación, algo do que tiveron coñecemento no concello este venres.

"Inicialmente, desde o Concello abriuse a posibilidade de negociar o traslado do concerto a outono. Pero finalmente, o Concello tivo coñecemento de que que o motivo real era que o cantante fora contratado de urxencia para substituír a outro músico ese mesmo día nun festival que se celebra en Bilbao", explican.

"Está claro que é algo deliberado, unha ruptura unilateral dun acordo que xa existía, e que que ocorreu cando lle saíu algo mellor. Rompeu un acordo verbal e deberá render contas ante a xustiza", aseguran.

Insisten ademais en que o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, transmitiulle persoalmente á axencia de Loquillo que "non tolera que se rían da cidade de Ourense", polo que o luns porán en mans dos servizos xurídicos do Concello os feitos.

Arquivo - Loquillo. JAUME DE LAIGUANA / WARNER MUSIC - Arquivo / Europa Press
Arquivo - Loquillo. JAUME DE LAIGUANA / WARNER MUSIC - Arquivo / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta