Alerta laranxa por temporal costeiro nas provincias da Coruña e Lugo

As predicións da Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) apuntan a que a partir deste mediodía comezará un fenómeno meteorolóxico adverso costeiro, con ondas de entre cinco e seis metros.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/06/2022 | Actualizada ás 14:18

Comparte esta noticia

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior --que depende da Xunta de Galicia-- activou unha alerta laranxa por temporal costeiro para este domingo no litorarl das provincias da Coruña e de Lugo.

As predicións da Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) apuntan a que a partir deste mediodía comezará un fenómeno meteorolóxico adverso costeiro, con ondas de entre cinco e seis metros.

Afectará o noroeste do litoral da Coruña, ao norte de Vilán, e no caso do de Lugo, ao redor de Bares. Ademais, o oeste e suroeste do litoral coruñés entrará en aviso de nivel amarelo por mar combinado de catro a cinco metros e, temporalmente, ventos de noroeste de forza sete.

Un home, con chubasquero, corre polo Paseo Marítimo da Coruña, a 19 de xuño de 2022, na Coruña. M. Dylan - Europa Press
Un home, con chubasquero, corre polo Paseo Marítimo da Coruña, a 19 de xuño de 2022, na Coruña. M. Dylan - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta