Por Galicia Confidencial | Avión | 04/08/2014 | Actualizada ás 11:00
Foi unha celebración privada e case familiar pero que semellaba un cumio de estado, tanto polas personalidades que asistiron como polas forzas de seguridade e seguridade privada desplegada.
Aconteceu esta fin de semana na mansión que Olegario Vázquez Raña ten en Avión. Alí quixo celebrar o aniversario da súa muller cunha gran festa á que asistiron algúns dos homes máis ricos do planeta.
Entre os convidados estaban o home máis ricos do mundo, Carlos Slim; o presidente do grupo El Corte Inglés, Isidoro Álvarez; Miguel Rincón, un dos maiores produtores de papel de México; o dono da compañía aérea FlyMex; o presidente do venezolano Banesco, propietario de Abanca, Juan Carlos Escotet.
Pero non só houbo millonarios. Á esta festa non quixo faltar tamén o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que presume de manter boa relación con algún deles. De feito, foi un dos principais defensores da compra de Novagalicia Banco por Banesco.
Tal foi a acumulación de persoeiros famosos na vila, que os veciños decidiron cambiar a súa festa grande; o San Roque. Así, en vez de celebralo a mediados de agosto preferiron adiantalo a estas datas para que coincidira coa presenza dos multimillonarios.
De feito, foi esa romería o único lugar onde se puido ver aos empresarios. Alí Comeron un menú popular a base de polbo, luras, pementos de padrón e carne á grella, e entretivéronse cunha pequena charanga. Non houbo, como o pasado ano, paseos pola vila ou xogos de dominou no bar.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.