Dous detidos e once persoas investigadas nun operativo contra o furtivismo na ría de Ferrol

Axentes do Equipo de Resposta Policial da unidade da Policía Nacional adscrita á Comunidade galega levaron a cabo unha investigación iniciada no mes de xaneiro que se pechou con dous arrestos e 40 persoas identificadas, once das cales como investigadas.

Por E.P. | Ferrol | 20/06/2022 | Actualizada ás 17:54

Comparte esta noticia

Dúas persoas foron detidas e outro once permanecen como investigadas nun operativo contra o furtivismo na costa de Ferrol desenvolvido pola Policía Autonómica.

Axentes do Equipo de Resposta Policial da unidade da Policía Nacional adscrita á Comunidade galega levaron a cabo unha investigación iniciada no mes de xaneiro que se pechou con dous arrestos e 40 persoas identificadas, once das cales como investigadas.

En total, foron requisados 50 quilos de centola e zamburiñas, así como oito equipos de inmersión submarina autónoma, catro anciños e numerosas redes para extraer marisco de forma ilegal en distintos puntos do litoral ferrolán.

Os detidos están acusados de delitos contra a protección da flora e fauna, falsidade documental e subministración de fluído eléctrico. As pescudas arrincaron no mes de xaneiro a raíz do descubrimento dunha depuradora clandestina nun baixo de Narón que empregaba un circuíto pechado de auga de mar.

Os primeiros indicios apuntaban á posibilidade de que estas instalacións fosen empregadas para depurar o marisco extraído de forma ilegal da ría de Ferrol. A Policía Autonómica articulou roldas de vixilancia nos arredores do baixo que permitiron a identificación de varias persoas.

Unha delas dispuña de permiso para a extracción de marisco nas zonas de libre marisqueo, o que aproveitaba para introducir o marisco na cadea de comercialización a través da lonxa de Ferrol.

O 29 de marzo, os axentes levaron a cabo un rexistro do local aproveitando que dous dos investigados estaban no seu interior. As dilixencias foron remitidas ao Xulgado de Instrución número 1 de Ferrol.

Equipos de mergullo requisados nun operativo contra o furitivismo. POLICÍA AUTONOMICA
Equipos de mergullo requisados nun operativo contra o furitivismo. POLICÍA AUTONOMICA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta