En que sectores traballan os estranxeiros que veñen a Galicia?

Galicia gaña case un milleiro de estranxeiros afiliados á Seguridade Social en maio, un 2% máis que en abril.

Por Europa Press / Redacción | MADRID | 21/06/2022 | Actualizada ás 11:37

Comparte esta noticia

Galicia gañou no mes de maio 968 afiliados estranxeiros á Seguridade Social (SS), ata situar o total en 48.314 altas, un 2,04% máis que en abril. Este incremento mensual é un punto inferior ao avance medio de toda España, que está no 3,06%.

Así o reflicten os datos publicados este martes polo Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, que indican que a galega é a sexta comunidade con menor subida das altas de persoas doutra nacionalidade, xa que só supera a Andalucía, Canarias, Cantabria, Comunidade Valenciana e Murcia.

Iso si, en canto á variación interanual, Galicia gañou 6.063 de estranxeiros inscritos no sistema con respecto a maio de 2021, un aumento do 14,35% que se sitúa como cuarta autonomía en crecemento. Só están por encima Baleares, Canarias e Cantabria.

Por provincias, A Coruña rexistrou en maio 18.751 ocupados estranxeiros (+2,11% sobre abril); seguida por Pontevedra, con 16.240 (+1,88%); Lugo, con 7.066 (+2,27%); e Ourense, con 6.260 (+2%).

Un camareiro recolle a mesa dunha terraza
Un camareiro recolle a mesa dunha terraza | Fonte: Carlos Castro - Europa Press

SECTORES

De total de traballadores afiliados estranxeiros na Comunidade galega, hai 26.511 homes e 21.805 mulleres. Hai 16.176 procedentes da Unión Europea e 32.141 de fóra do espazo comunitario. Se se observa o dato por sectores de actividade en Galicia, a maioría están inscritos no Réxime Xeral, con 38.566, no que se inclúen 1.369 do sector agrario e 4.056 do servizo do fogar. A eles súmanse 8.245 autónomos e 1.506 do réxime do mar. En todos os sectores rexístranse aumentos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta