Rueda afirma que o PP fará "todo o posible" para non pactar coa ultradereira

O presidente da Xunta apela ás maiorías absolutas para evitar acordos con Vox.

Por Europa Press / Redacción | Vigo | 21/06/2022 | Actualizada ás 15:38

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta e presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, insistiu este martes en que os 'populares' farán "todo o posible" para que non sexa necesario pactar con Vox nas próximas eleccións que se celebren.

Alberto Núñez Feijóo, co presidente do PP, Pablo Casado, e o da Junta de Andalucía, Juanma Moreno, na manifestación en Madrid contra Pedro Sánchez, secundada tamén polo partido ultradereitista Vox, falanxistas e neonazis
Alberto Núñez Feijóo, co presidente do PP, Pablo Casado, e o da Junta de Andalucía, Juanma Moreno, na manifestación en Madrid contra Pedro Sánchez, secundada tamén polo partido ultradereitista Vox, falanxistas e neonazis | Fonte: @JuanMa_Moreno.

Así respondeu despois de ser preguntado no contexto dunha visita que realizou esta mañá á factoría de Stellantis Vigo, onde subliñou que prefire "non falar de hipóteses" sobre posibles pactos con outros partidos, xa que aínda non se sabe nin cando serán as próximas eleccións que se farán en España.

Con todo, puxo en valor os resultados conseguidos polo PP en Andalucía e indicou que "é posible" conseguir "maiorías fortes" que dean "estabilidade" e que permitan unha xestión en solitario.

"Ese é o noso obxectivo e o resto de hipóteses quedan nun segundo plano", insistiu o presidente galego, quen subliñou que conseguir eses resultados é posible "se se fan as cousas ben".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta