As vendas do sector servizos crecen un 21,5% en Galicia, por baixo da media

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/06/2022 | Actualizada ás 11:05

Comparte esta noticia

As vendas do sector servizos creceron un 21,5% en Galicia en abril en comparación co mesmo mes de 2021, segundo os datos que publicaron o Instituto Nacional de Estatística (INE). Este incremento é inferior á media de avance do 24,5% no país. Á cabeza está o repunte de Baleares (+61,5%). No outro extremo está Murcia (+8,5%).

Pola súa banda, o emprego aumenta un 3,1% en Galicia, tamén por baixo da media de aumento do 5,4%. Aquí sobresae o 26,2% de repunte en Baleares. No que vai de ano o emprego sobe un 3,4%, menos que o 4,7% da media española.

De media no que vai de ano, entre xaneiro e abril, o crecemento da cifra de negocios do sector servizos foi do 25,8% en Galicia, neste caso por encima da media española (22,4%).

Tenda e comercio / EUROPA PRESS - Arquivo / Europa Press
Tenda e comercio / EUROPA PRESS - Arquivo / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta