Galicia, á cola do Estado no gasto por habitante en servizos sociais

Está por baixo da media en prazas de residencia e rendas de inclusión, pero por encima en centros de día.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/06/2022 | Actualizada ás 20:10

Comparte esta noticia

As administracións galegas destinan unha media de 398,3 euros por habitante en servizos sociais, case 50 euros menos que a media do Estado, con Galicia situada no posto número 13 en desembolso por persoa. Así se constata no Índice de Desenvolvemento dos Servizos Sociais, o 'Índice DEC 2021', presentado este mércores, que describe a situación dos servizos sociais tras o impacto da pandemia.

En Galicia, as administracoines --Xunta, deputacións e concellos-- aumentaron un 8,5% o seu gasto en servizos sociais en 2020 respecto ao ano 2019, o que se traduce en 31,3 euros máis por habitante. O informe apunta a un avance no desembolso despois de anos de estancamento que, con todo, non fai que Galicia supere a media do Estado, que foi de 446,9 euros. En relación ao PIB, Galicia gasta o 1,82%, un 0,24% máis, e aproxímase á media estatal, situada en 1,88%.

Con todo, Galicia segue o camiño do resto de comunidades e presenta un descenso do orzamento total das administracións no gasto social, ao pasar do 8,6% en 2019 ao 7,6% de 2020, case dúas décimas por baixo da media.

SISTEMA DESEQUILIBRADO

O documento apunta que Galicia presenta un desequilibrio entre o que se considera como 'dereitos de papel', é dicir, a definición do sistema a nivel administrativo e legal; e o seu peso económico, ao contar cunha relevancia "débil" e cunha cobertura de prestacións e servizos "reducida".

Con todo, os promotores do informe apuntan que Galicia presenta avances desde o ano 2012 de cara a lograr un equilibrio neste sentido. En canto á repartición do peso do gasto por administracións, a Xunta achega por encima da media das comunidades, co 75,6% polo 69,4% do conxunto autonómico. Así, as entidades locais achegan un punto menos que a media, co 29,4% polo 30,6% estatal.

RENDAS DE INCLUSIÓN

Deste xeito, Galicia destaca pola cobertura de prazas de centros de día e acollementos a menores, pero está por baixo da media en rendas mínimas de inserción, xa que só alcanzan o 4,6% das persoas que se atopan por baixo do limiar da pobreza, cinco puntos menos que a media do Estado. Galicia tamén ten menos prazas residenciais para persoas maiores (un 1,92% de cobertura polo 2,7% estatal) e presenta unha cuarta parte da media en canto ao servizo de teleasistencia, cun 2,7% polo 10% de todo o Estado.

DATOS ESTATAIS

A Asociación de Directores e Xerentes de Servizos Sociais alertou de que a pandemia da Covid-19 "freou" a recuperación dos servizos sociais en España.  O informe conclúe que "se creba unha débil recuperación que viña constatando desde 2016, despois dos recortes producidos pola crise", a pesar de que en 2020 aumentou un 10% o gasto que as comunidades autónomas e as entidades locais realizaron en servizos sociais.

Unha familiar dun usuario do centro, na porta da residencia das Gándaras, a maior de Lugo, despois de contabilizar un total de 49 positivos, a 17 de agosto de 2021, en Lugo, Galicia (España). A maioría dos positivos son asintomáticos e un. Carlos Castro - Europa Press
Unha familiar dun usuario do centro, na porta da residencia das Gándaras, a maior de Lugo, despois de contabilizar un total de 49 positivos, a 17 de agosto de 2021, en Lugo, Galicia (España). A maioría dos positivos son asintomáticos e un. Carlos Castro - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta