A editora de 'El Correo Gallego', en concurso de acredores con débedas de case 17 millóns

Un empresario podería estar interesado xa na cabeceira, aínda que os traballadores terán que cobrar os salarios atrasados no Fogasa. O Colexio de Xornalistas pide que se abonen as nóminas atrasadas.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 23/06/2022 | Actualizada ás 16:52

Comparte esta noticia

O Xulgado do Mercantil número 2 da Coruña declarou en concurso voluntario de acredores á entidade Editorial Compostela S.A., editora de El Correo Gallego, pois considera que acreditou o seu estado actual de insolvencia. Actualmente, a empresa ten unhas débedas de 17 millóns de euros pero nos últimos meses varios empresarios amosaron o seu interese por facerse coa marca do xornal ao mellor prezo posible, é dicir, libre de cargas.

Antiga sede de El Correo Gallego na céntrica rúa Preguntoiro de Santiago / paxinasamarelas.com Antiga sede de El Correo Gallego na céntrica rúa Preguntoiro de Santiago / paxinasamarelas.com
Antiga sede de El Correo Gallego na céntrica rúa Preguntoiro de Santiago / paxinasamarelas.com Antiga sede de El Correo Gallego na céntrica rúa Preguntoiro de Santiago / paxinasamarelas.com

A firma, que tiña as contas saneadas en 2004, entrou nas últimas décadas nunha política de inversións coa que sumou abundantes débedas que foron medrando ao longo dos anos. O cadro de persoal sofre neste momento a falta de pagamento de numerosas nóminas, ao que cómpre sumar outras débedas con provedores, empresas ou a administración.

Por iso, finalmente, a editora declarouse en quebra. Segundo o auto, difundido polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), a maxistrada designou administración concursal, a cal deberá manifestar a súa aceptación ou non do cargo. No auto, contra o que cabe presentar recurso, insta a todos os acredores a comunicar a existencia dos seus créditos á administración concursal no prazo dun mes

Unha nova propiedade será a que asuma a cabeceira, para seguir coa actividade polo que os acreedores actuais teñen difícil recuperar os cartos. Os novos donos da cabeira seguirían coa actividade, pero as débedas antigas non serán saldadas na súa totalidade. Habería un cambio de propiedade total, con todo o que implica.

TRABALLADORES

Isto implica que os trabalaldores deste xornal, moitos dos cales acumulan varios meses sen cobrar as súas nóminas, teñan que acudir ao Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), para poder cobrar parte destes salarios e, en todo caso, non todos.

Ademais, no auto, contra o que cabe presentar recurso, insta a todos os acredores a comunicar a existencia dos seus créditos á administración concursal no prazo dun mes (a contar desde o día seguinte á publicación do edicto no Boletín Oficial do Estado).

COLEXIO DE XORNALISTAS

Por outra banda, o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia demanda o pagamento das numerosas nóminas que se deben aos e ás traballadoras e desexa que se manteña nun futuro a cabeceira con todo o cadro de persoal.

A Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia lamenta a grave situación na que fica con este anuncio unha das cabeceiras históricas do xornalismo galego. "El Correo Gallego, fundado en 1878 en Ferrol e presente na capital galega de forma ininterrumpida desde 1938, ve agora o seu futuro comprometido por culpa dunha nefasta dirección empresarial", critica. "Mentres as e os comunicadores mantiñan o exercicio do xornalismo durante meses sen cobrar, os responsábeis da xestión simplemente afondaron na crise do periódico, dificultando a supervivencia da cabeceira e do seu papel dentro do ecosistema mediático galego", apunta nun comunicado.

Así mesmo, o Colexio de Xornalistas desexa que se poida manter unha cabeceira histórica como El Correo Gallego e "que unha nova dirección, responsábel, manteña os postos de traballo cunhas condicións dignas no futuro".

PROPOSTA ESCRITA VINCULANTE DE COMPRA

A maxistrada indica no auto que o informe da administración concursal deberá "incluír necesariamente o inventario da masa activa do concurso e avaliar o efecto sobre as masas activa e pasiva do concurso da resolución dos contratos que estivese prevista no plan de liquidación".

No auto, así mesmo, faise constar que a entidade solicitante achega unha proposta escrita vinculante de adquisición da unidade produtiva en funcionamento.

PLAN DE LIQUIDACIÓN

O xulgado, ademais, acordou abrir a fase de liquidación do concurso por petición da empresa --editora da histórica cabeceira 'El Correo Gallego'-- e suspendeu, durante a fase de liquidación, "as facultades de administración e disposición do concursado sobre o seu patrimonio".

A xuíza tamén decretou a disolución da entidade e o cesamento dos administradores sociais, quen foron substituídos pola administración concursal, e declarou vencidos os créditos concursais aprazados e a conversión en diñeiro dos que consistan noutras prestacións.

Unha vez aberta a fase de liquidación, a letrada da Administración de Xustiza dará traslado do plan de liquidación presentado polo debedor para que sexa informado, no prazo de dez días, pola administración concursal e para que os acredores poidan realizar alegacións.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta