Acusan a Lito de prácticas agresivas coa Panorama

Nas festas da Ascensión en Compostela, o Concello non contratou nada con Espectáculos Lito. A empresa montou unha festa coa Orquestra Panorama no Eixo, unha parroquia de Santiago, contraprogamando na práctica os concertos na capital. Agora, Severino Rodríguez, alcalde de Monforte, conta unha historia similar a de Santiago, denunciando presións do representante do famoso grupo.

Por X.M. Fernández | Monforte | 07/08/2014 | Actualizada ás 13:00

Comparte esta noticia

A situación acontecida na Comarca de Lemos a comezos de mes recorda ao sucedido en Compostela na primavera. Coa proximidade das Festas Patronais de Monforte (programadas do 11 ao 16 de agosto) foi noticia estes días a decisión de cancelar unilateralmente a actuación da Panorama por parte do seu representante, Lito, cando ao parecer había un preacordo co alcalde para que estivese na capital da Ribeira Sacra o vindeiro día 12 de agosto. 

Orquesta Panorama tocando en Paderne de Allariz, no lugar de Figueiredo
Orquesta Panorama tocando en Paderne de Allariz, no lugar de Figueiredo

Severino Rodríguez, alcalde de Monforte de Lemos,  dá súa versión dos feitos:

Cando se apalabrou a actuación da Panorama? Chegouse a formalizar por escrito?

Formalizouse de palabra o mes de setembro de 2013, facendo un recordatorio mutuo hai 3 ou 4 meses. Non existe ningún tipo de compromiso por escrito.

Para completar o resto de actuacións festivas cónstanos que se presentou un concurso público. Contemplaban as condicións que todo o programa sería para un só programador ou axencia de espectáculos? Que axencias se presentaron?

Severino Rodríguez, alcalde de Monforte
Severino Rodríguez, alcalde de Monforte | Fonte: amafer.es

Presentouse un concurso público para todos os días das festas, excepto o 12 e o 14 de agosto pois o 12 estaba reservado para o compromiso coa orquestra Panorama e o 14 para un festival de rock. Non se contemplaba ningunha condición relativa a que todo o programa seria para unha axencia (incluso teño dubidas de que legalmente se poida poñer) pois había dous días que xa estaban pechados e polo tanto non se podían incluír no concurso. Presentáronse dúas propostas: a do representante da orquestra Panorama e Espectáculos Espín.

Valoradas e puntuadas as propostas presentadas, comunicouse a resolución ás axencias que concorrían?

As dúas foron coñecedoras por diversos medios do resultado.

En que momento decide a axencia que leva a Panorama cancelar unilateralmente o concerto do día 12 de agosto? Que argumentos expón para esta cancelación? 

No momento en que coñece que non gañou o concurso. O argumento que expón é que o seu xeito de traballar é que ou xestionan todas as orquestras que actúan nas festas ou a orquestra Panorama non actúa. A única alternativa que se ofrece é facer todo, diante do que eu indico que iso é unha chantaxe e o que se me pide é que cometa unha monumental ilegalidade, cousa que non acepto nin farei. O Concello non pedirá  ningunha indemnización porque non hai nada por escrito, cousa que foi un erro pola miña parte ou un exceso de confianza.

Como se entera vostede de que, coñecida a cancelación, a axencia que leva a Panorama ofrece esta orquestra a prezo “low cost” en Concellos veciños coa intención de contraprogramar as Festas Patronais de Monforte?

Porque mo manifestan os alcaldes en dous casos e o concelleiro responsable das festas no outro, alcaldes que renunciaron a tan tentadora oferta, feito que os honra.

Coñecida a cancelación como e con quen se cubre o baleiro creado na programación e con pouco tempo para sacar un novo concurso?

Cúbrese con moita présa e decidimos contratar tres actuacións polo mesmo importe aproximadamente, que son: OBK, SORAYA e a Orquestra América de Vigo.

A Panorama ten un gran tirón mediático en Galicia e move moita xente. Pensa que os monfortinos entenderán todo o acontecido e farán a lectura obxectiva que procede neste caso?

Espero que si, pero aínda que non fora así penso que o que fixen foi o correcto. Non todo ten un prezo, non todo se pode aceptar. O máis doado houbese sido aceptar, pero eu non son Alcalde de Monforte para facer o doado, se non para facer o correcto, o xusto e o moralmente defendible. Sen estes valores e sen dignidade non se pode construír nada interesante.

Lito Martínez, de Espectáculos Litos, entregando un cheque para a loita contra o cancro
Lito Martínez, de Espectáculos Litos, entregando un cheque para a loita contra o cancro | Fonte: orquestabysantos5c
Cantantes da Orquesta Panorama
Cantantes da Orquesta Panorama | Fonte: orquestas5c.blogspot.com
Lito Garrido, cantante da Orquesta Panorama
Lito Garrido, cantante da Orquesta Panorama | Fonte: crtvg.es
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 38 comentarios

13 eusi

1. Que un alcalde faga un pre-contrato "verbal" é de risa. 2. Que intente facer-se a vitima como se realmente non conhecese como vai isto das contratacions xa é de xulgado de garda. e 3. Todos os que andan nas festas saben como se moven os representantes dun grupo con capacidade de negociacion, e o Lito non é diferente. En fin, que os politicos que enganan aos seus votantes tenhen os dias contados

12 apampanadinho con esa mulher

Na foto que saen as tres cantantes da Panorama, a min ghústame moito a do medio.

11 Salvador Allende

O Severino asiste as procesions ultracatolicas, adica avenidas ao fascista Fraga, coloca pantallas xigantes para aplaudir a La Roja, pasa do galego como no seu dia denunciou o que fora presidente da Mesa, queria contratar a Panorama como principal atraccion das festas patronais... Severino ben sendo un alcalde moi PoPular, con militancia difusa no Bloque, pero moi PoPulacheiro!

1 Doniños

Presentade ao Kgión da UPG como candidato á alcaldía de Monforte a ver cantos votos saca. Xa verás o que nos imos a descojonar.

2 Bautista do Untamiento

Para ter un españolista tasvestido de nacionalista no poder non se precisaba que o alcalde fose do BNG. O do Severino Rodriguez é unha prova do unto que sobra no BNG!

3 Rosa

Aos da U fervebos o sangue de ver que hai un alcalde que non controlades que é quen de facervos fronte. Chupade por onde mellor vos guste, mamalóns. Para vós é mellor que goberne o PP que un acalde nacionalista que non controlades vós.

10 León

Cando empecen a indagar os xornalistas sobre os cartos en negro que moven estas orquestras e os motivos para que desas contratacións non haxa papel ningún (como si habería no caso da maioría dos artistas) entón comezaremos ver de verdade o suxo iceberg que está por baixo desta anécdota. A defraudación tal vez chegue a niveis colosais.

9 Pasaba por aquí

Ten unhas boas tetas a cantante esa