Acusan a Lito de prácticas agresivas coa Panorama

Nas festas da Ascensión en Compostela, o Concello non contratou nada con Espectáculos Lito. A empresa montou unha festa coa Orquestra Panorama no Eixo, unha parroquia de Santiago, contraprogamando na práctica os concertos na capital. Agora, Severino Rodríguez, alcalde de Monforte, conta unha historia similar a de Santiago, denunciando presións do representante do famoso grupo.

Por X.M. Fernández | Monforte | 07/08/2014 | Actualizada ás 13:00

Comparte esta noticia

A situación acontecida na Comarca de Lemos a comezos de mes recorda ao sucedido en Compostela na primavera. Coa proximidade das Festas Patronais de Monforte (programadas do 11 ao 16 de agosto) foi noticia estes días a decisión de cancelar unilateralmente a actuación da Panorama por parte do seu representante, Lito, cando ao parecer había un preacordo co alcalde para que estivese na capital da Ribeira Sacra o vindeiro día 12 de agosto. 

Orquesta Panorama tocando en Paderne de Allariz, no lugar de Figueiredo
Orquesta Panorama tocando en Paderne de Allariz, no lugar de Figueiredo

Severino Rodríguez, alcalde de Monforte de Lemos,  dá súa versión dos feitos:

Cando se apalabrou a actuación da Panorama? Chegouse a formalizar por escrito?

Formalizouse de palabra o mes de setembro de 2013, facendo un recordatorio mutuo hai 3 ou 4 meses. Non existe ningún tipo de compromiso por escrito.

Para completar o resto de actuacións festivas cónstanos que se presentou un concurso público. Contemplaban as condicións que todo o programa sería para un só programador ou axencia de espectáculos? Que axencias se presentaron?

Severino Rodríguez, alcalde de Monforte
Severino Rodríguez, alcalde de Monforte | Fonte: amafer.es

Presentouse un concurso público para todos os días das festas, excepto o 12 e o 14 de agosto pois o 12 estaba reservado para o compromiso coa orquestra Panorama e o 14 para un festival de rock. Non se contemplaba ningunha condición relativa a que todo o programa seria para unha axencia (incluso teño dubidas de que legalmente se poida poñer) pois había dous días que xa estaban pechados e polo tanto non se podían incluír no concurso. Presentáronse dúas propostas: a do representante da orquestra Panorama e Espectáculos Espín.

Valoradas e puntuadas as propostas presentadas, comunicouse a resolución ás axencias que concorrían?

As dúas foron coñecedoras por diversos medios do resultado.

En que momento decide a axencia que leva a Panorama cancelar unilateralmente o concerto do día 12 de agosto? Que argumentos expón para esta cancelación? 

No momento en que coñece que non gañou o concurso. O argumento que expón é que o seu xeito de traballar é que ou xestionan todas as orquestras que actúan nas festas ou a orquestra Panorama non actúa. A única alternativa que se ofrece é facer todo, diante do que eu indico que iso é unha chantaxe e o que se me pide é que cometa unha monumental ilegalidade, cousa que non acepto nin farei. O Concello non pedirá  ningunha indemnización porque non hai nada por escrito, cousa que foi un erro pola miña parte ou un exceso de confianza.

Como se entera vostede de que, coñecida a cancelación, a axencia que leva a Panorama ofrece esta orquestra a prezo “low cost” en Concellos veciños coa intención de contraprogramar as Festas Patronais de Monforte?

Porque mo manifestan os alcaldes en dous casos e o concelleiro responsable das festas no outro, alcaldes que renunciaron a tan tentadora oferta, feito que os honra.

Coñecida a cancelación como e con quen se cubre o baleiro creado na programación e con pouco tempo para sacar un novo concurso?

Cúbrese con moita présa e decidimos contratar tres actuacións polo mesmo importe aproximadamente, que son: OBK, SORAYA e a Orquestra América de Vigo.

A Panorama ten un gran tirón mediático en Galicia e move moita xente. Pensa que os monfortinos entenderán todo o acontecido e farán a lectura obxectiva que procede neste caso?

Espero que si, pero aínda que non fora así penso que o que fixen foi o correcto. Non todo ten un prezo, non todo se pode aceptar. O máis doado houbese sido aceptar, pero eu non son Alcalde de Monforte para facer o doado, se non para facer o correcto, o xusto e o moralmente defendible. Sen estes valores e sen dignidade non se pode construír nada interesante.

Lito Martínez, de Espectáculos Litos, entregando un cheque para a loita contra o cancro
Lito Martínez, de Espectáculos Litos, entregando un cheque para a loita contra o cancro | Fonte: orquestabysantos5c
Cantantes da Orquesta Panorama
Cantantes da Orquesta Panorama | Fonte: orquestas5c.blogspot.com
Lito Garrido, cantante da Orquesta Panorama
Lito Garrido, cantante da Orquesta Panorama | Fonte: crtvg.es
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 38 comentarios

8 Arteijo

Tanta pailanada no es buena. Deben culturizarse. Lean al bardo de la Patria, D. José Mª Pemán.

1 viriato

Eu gosto mais de Oliveira Salazar e o Estado Novo, eles sim merecem a minha consideraçom.

7 un canto a galicia jei

Que as orquestas arrasan é un feito máis que demostrado, son a verdadeira industria musical deste país, se atendemos a facturación. Ata nas festas de San Pedro, que son das mellores que coñezo neste País teñen que levar unha orquesta, e alí estaban este ano bailando xente de AMI, ANOVA, BNG, Anarquistas e demáis fauna compostelana, en primeira fila da pachanga. Igual se non tivesen público deixarían de contratalas, pero de momento a tragar con elas. A ver que alcalde se atreve a non levar pachangas nas festas.

1 damaso

O pais eche mais grande que o que ti miras. Nin acredito nos teus bailadores... Nada teñen que ver os fans das orquestras da costa coruñesa co interior de Lugo, onde por certo teñen que traer os adeptos en autobuses da costa para darlles ambiente e aplaudir as orquestras. Calquera con minima informacion sabe quen paga os aplaudidores. Pensemos razonadamente: quen non se atreva son uns populistas, o de Monforte o primeiro. Para iso que goberne o PP!

2 fro

Eu gosto das orquestras, mas un dia nas festas. Moven moita pasta é certo, poren deben ser as 3 grandes as que levan case toda a parte do pastel. No noso país hai centos de orquestras/grupos musicais q traballan duro para animar as romarías, o que non sei é por que se decide contratar a grupos q se centran máis en facer espectáculo q en pór a bailar ao persoal. E as comisións a ver cando caen da burra e comezan a apostar por grupos galegos (hainos de todos os estilos e moi bos)

6 humberto

Que verguenza por favor nas festas patronais de monforte non ter una orquesta como panorana tanto que deseamos que vella a panorama as nosas featas en fin monforte tendo este alcalde monforte vay sin runvo que pena da xente quereal mente e merecedora de que a sua orquestra estivese nas suas festas grazas atentamente humberto

5 Vergoña allea

Como xa dixeron outros opinadores, o que máis doe é ver ao alcalde de Monforte de Lemos chorando por non poder vender ao povo o noxento espectáculo da Panorama! Seica o tal Severino Rodríguez é nacionalista?, seica do BNG?, seica de esquerdas?, creo lembrar que veu da Liga ou do MC? Por riba non ten contrato por escrito, a palabra tampouco el mesmo a respeta moito cos veciños, e tocou cuns mafiosos... Canto "cantante" hai na política galega, e algúns querendo pasar por progres teñen a Panorama de modelo!

1 Risco

O conto progre é o cancro do nacionalismo galego, só serve para confundir á xente e que acaben votando enxendros españolistas coma PProgremos.

2 Sesky

Parvadas. Qué terá que ver que o alcalde sexa do BNG, PP ou Podemos. Guste ou non, traer unha orquesta leva xente aos pobos e move cartos para os negocios e veciños. ¿Qué queredes que fangan nas festas?

3 aimiarma

Pois levar grupos de musica que nom sejam gitanadas ou movidas sudamericanas, isso estaria bem pra empezar.

4 sandriña

Sesky, es un fenómeno! Agora imos facer país coa Panorama! Ti confundes facer caixa con diversión e cultura! Xa non digamos con crear conciencia, normalizar, educar no bo gusto, non transmitir e ser altavoz de valores caducos... Sendo asi, entendemos que para ti non importe ser do BNG ou do PP. Os negocios sonche unha cousa, os veciños outra. Divulgar o españolismo é contrario á liberdade do povo galego, o alcalde de Monforte é un perfeito aliado do españolismo máis rancio e cutre: avenidas a Fraga, pantallas xigantes para La Roja, nula normalización do galego, topónimos deturpados...

5 arre carallo

Non son fan das orquestras, pero dende cando a Panorama é "españolismo"? Saide da facultade, que vos fai dano tanta trapallada. Acusades de españolismo, pero seguro que a metade estabades celebrando os goles de Torres e Iniesta, e agora vindes aquí a dicir que é de "españolistas" ver unha orquestra de pachangueo. Españolismo é pactar con IU, PSOE e Podemos, como fan outros a cotío, e non bailar o cha cha cha no campo da feira.

6 León

O españolismo é un invento voso que non ten valor ningún nin serve para nada. A ver cando espertades

4 Pode

Lito quere montar o Circulo Podemos Santiago de Compostela