Ferido grave un motorista após sufrir unha saída de vía en San Cibrao das Viñas

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/06/2022 | Actualizada ás 20:29

Comparte esta noticia

O condutor dunha motocicleta resultou ferido de gravidade após sufrir unha saída de vía na estrada OU-516 ao seu paso a parroquia de Santa Eulalia-Cruz de Rante, no municipio ourensán de San Cibrao das Viñas.

Accidente en moto
Accidente en moto | Fonte: Garda Civil

Segundo informou a Garda Civil, por causas que están a ser investigadas, o condutor dunha Honda CBR-1000 perdeu o control da motocicleta cando trazaba unha curva á dereita, saíndose pola marxe esquerda após chocar contra a barreira de seguridade.

Como consecuencia do sinistro, o Instituto Armado afirmou que o motorista sufriu feridas graves e foi evacuado en ambulancia ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.

Para atender esta incidencia foi mobilizado un equipo de atestados e tres patrullas de motoristas do subsector de tráfico da Garda Civil de Ourense, ademais dunha ambulancia do 061 e do GES de Pereiro de Aguiar.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta