A economía galega segue en desaceleración pola crise enerxética e a falta de subministracións

Tamén inflúe o encarecemento das materias primas pola guerra de Ucraína.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/06/2022 | Actualizada ás 11:09

Comparte esta noticia

A economía galega mantivo no mes de abril a tendencia de desaceleración no seu crecemento lastrada pola crise enerxética, a falta de subministracións e a alza nos custos das materias primas.

Así o determina o Indicador Abanca-Foro de Conxuntura Económica de Galicia, que sitúa no 1,8% o crecemento da economía galega no mes de abril, dúas décimas por baixo do nivel de marzo. O dato de abril está 2,3 puntos por baixo do valor máximo alcanzado no outono de 2021, cando se chegou a un aumento do 4,1% en termos interanuais.

O Foro sitúa como culpables desta desaceleración a crise enerxética, a falta de subministración e o encarecemento das materias primas, así como o nivel de confianza dos consumidores.

Por sectores, apunta como positivo o comportamento do turismo e o transporte marítimo de mercadorías (+20%) e como negativos a produción industrial, que acumula un retroceso internanual do 30%. Para o próximo trimestre, o Foro espera que a tempada turística permita incrementar a actividade, aínda que recela do impacto da guerra en Ucraína sobre as economías.

Terminal de mercadorías de Guixar, no Porto de Vigo (Pontevedra).. AUTORIDADE PORTUARIA DE VIGO
Terminal de mercadorías de Guixar, no Porto de Vigo (Pontevedra).. AUTORIDADE PORTUARIA DE VIGO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta