En liberdade o detido pola presunta violación doutro home na Coruña en San Xoán

Vítima e agresor "eran coñecidos" e os feitos tiveron lugar, segundo fontes consultadas, na casa da vítima.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 27/06/2022 | Actualizada ás 13:23

Comparte esta noticia

O home detido na Coruña pola presunta violación doutro na noite de San Xoán quedou en liberdade, pero investigado por abuso sexual con acceso carnal, segundo informaron a Europa Press fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG). Do feito tivo coñecemento a Policía Local que deu aviso á Nacional, cuxos axentes, finalmente, practicaron a detención. "Eran coñecidos", precisaron fontes consultadas por Europa Press. 

Detido no coche da Garda Civil tras a detención
Detido no coche da Garda Civil tras a detención | Fonte: GARDA CIVIL

En relación a este caso, e a preguntas dos xornalistas coincidindo cunha rolda de prensa que ofreceu este luns, a alcaldesa da Coruña, Inés Rey, manifestou que os feitos sucederon nun domicilio privado. Segundo explicou, vítima e agresor celebraron xuntos a noite de San Xoán, aínda que os feitos denunciados e que agora se investigan, sucederon "no domicilio da vítima". 

Tras a súa detención, o home pasou o domingo a disposición do Xulgado de Instrución número 3 da Coruña, en funcións de garda. Finalmente, quedou en liberade con afastamento de 200 metros e prohibición de comunicación coa persoa denunciante, así como comparecencias quincenais.

Fontes consultadas por Europa Press e tamén do alto tribunal galego confirmaron que o presunto autor e a vítima non compartían piso.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta