Aberta a inscrición para as oposicións de acceso libre aos subgrupos A1, C1 e C2

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/06/2022 | Actualizada ás 10:44

Comparte esta noticia

A Xunta abre este martes o prazo para inscribirse nas oposicións para o acceso aos subgrupos A1, C1 e C2 da Administración xeral polo sistema de oposición libre. Os interesados poderán realizar a súa inscrición ata o próximo 26 de xullo.

En concreto, ofértanse 297 prazas de emprego público. Segundo sinalou a Xunta, estas prazas corresponden ás Ofertas de Emprego Público (OEP) dos anos 2020 e 2021 e forman parte das 720 prazas que se cubrirán polo sistema de oposición libre anunciadas o pasado mes de marzo. Destas 720, un total de 423 xa foron convocadas e complétanse agora con estas 297 prazas.

A Consellería de Facenda e Administración Pública argumentou que propón esta medida co obxectivo de "rexuvenecer os cadros de persoal da Administración autonómica" e tamén para "ofrecer unha oportunidade de emprego estable aos mozos que finalizaron os seus estudos recentemente e ás persoas sen experiencia profesional na administración".

Así mesmo, explicou que estas convocatorias son adicionais ás dos procesos de estabilización de emprego que se desenvolven ao amparo da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público que se publicaron a finais de maio.

Oposicións en Silleda
Oposicións en Silleda | Fonte: XUNTA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta