GC Aberto

Un erro nas correccións da ABAU deixou o meu fillo fóra das excelencias

Por admin | GC ABERTO | 28/06/2022

Comparte esta noticia

Meu fillo, Pablo Sanz, fixo un exame de matemáticas de case un 10 pero puxéronlle un 2. Quedou fóra das excelencias que se entregaron o 23/06 en Santiago, por non acadar a nota requerida para este recoñecemento. Ese día fíxose xustiza a medias. Recoñécese o erro, pero xa non puido asistir a esa entrega de diplomas. A miña pregunta é: Quen se fai responsable de eses erros? E se de esa nota depende o seu futuro? A quen lle temos que tirar das orellas? Hoxe foi meu fillo, pero isto non é un caso illado. Moitos rapaces quedan sen poder entrar nunha carreira por culpa dun erro que non foi corrixido. Só me gustaría que esta xentiña que xoga co futuro dos nosos fillos, se poña na pel deles por un intre. 

Estudantes de bacharelato realizan os exames Selectividade ou Probas de Acceso á Universidade ABAU en Viveiro. Carlos Castro - Europa Press - Arquivo
Estudantes de bacharelato realizan os exames Selectividade ou Probas de Acceso á Universidade ABAU en Viveiro. Carlos Castro - Europa Press - Arquivo

Carmen Álvarez

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta