Por E.P. | PONTEVEDRA | 29/06/2022 | Actualizada ás 14:18
O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, trasladou o seu respaldo ás iniciativas dirixidas á promoción de chan industrial "serias e solventes" que permitan non perder músculo industrial.
Así o afirmou este mércores durante unha visita ao Concello de Caldas de Reis da que informou o PSdeG nun comunicado e na que coñeceu, da man do alcalde Juan Manuel Rei (PSOE), as iniciativas para a consolidación de chan industrial e de promoción de vivenda pública no Consistorio.
Na súa intervención, Formoso apoiou as iniciativas locais deseñadas para non perder "músculo industrial" fronte a un goberno da Xunta que, segundo indicou, conta como balance de xestión a "perda de 68.000 empregos industriais na última década".
O responsable socialista destacou que tanto a promoción de chan industrial como as iniciativas de promoción de vivenda constitúen, xunto coa protección social, os sinais de identidade para un socialdemócrata.
Estes proxectos, dixo, "ofrecen oportunidades de crecemento e consolidación de proxectos industriais que xa existen en Caldas e que empregan a miles de familias no pobo e na súa contorna". Así, referiuse a á promoción de chan industrial do Estado, que será analizada na primeira reunión do alcalde coa presidencia da Sociedade Estatal de Promoción de Chan Industrial.
Ademais, destacou que as propostas constitúen "promocións serias e solventes con todas as garantías de calidade, que requiren dun estudo previo" por parte do goberno de Rei, a quen cualificou de "referencia do mundo municipal" para os socialistas e para toda Galicia. O alcalde destacou a necesidade do desenvolvemento do polígono Veigas de Xantar, a contorna da factoría de Cravo e o novo polígono de Paradela-Carracedo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.