Os contaxios "oficiais" volven a achegarse aos 2.000 diarios

A taxa de positividade baixa a un 50% en Galicia, cando a recomendación da OMS é do 5%.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 30/06/2022 | Actualizada ás 11:30

Comparte esta noticia

Os pacientes hospitalizados pola Covid-19 en Galicia descenden a 620, que implican unha trintena menos que o día anterior, mentres que os casos activos repuntan ata os 13.710, que supoñen case 1.300 máis que o día anterior, ao detectarse 1.769 novos contaxios. Pola súa banda, a taxa de positividade descende a un 50 por cento no conxunto de Galicia.

Segundo os datos actualizados este xoves pola Consellería de Sanidade, con rexistros ata as 18,00 horas do mércores, recollidos por Europa Press, aumentan a 21 os pacientes en UCI pola Covid-19 en Galicia --uno máis-- e descenden a 599 os hospitalizados noutras unidades --31 menos--, mentres que 13.090 pacientes permanecen en seguimento no seu domicilio. Hai unha semana, o xoves 23 de xuño, había 491 ingresados, deles 20 en UCI.

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria alíviase en tres das sete --Ourense, Vigo e Lugo--, mantense sen cambios en dous --Ferrol e Pontevedra-O Salnés-- e aumenta en dous --A Coruña-Cee e Santiago-Barbanza--.

En concreto, na área de Vigo descenden a tres os pacientes Covid en UCI --un menos-- e 88 os hospitalizados noutras unidades --29 menos--; mentres que na de Lugo aumentan a dous os críticos --un máis--, pero baixan a 71 os ingresados noutras unidades --dous menos--.

E na de Ourense increméntanse a tres os ingresados por Covid en UCI --un máis-- e descenden a 75 os doutras unidades --oito menos--. No caso da de Ferrol seguen dúas en críticos e 44 noutras unidades.

Tampouco hai cambios na de Pontevedra e O Salnés, que é a única sen hospitalizados en UCI pola Covid e con 77 ingresados noutras unidades convencionais. Por contra, na de Santiago e Barbanza mantéñense seis pacientes Covid en UCI e aumentan a 86 os ingresados noutras unidades --cinco máis--. E na área da Coruña e Cee seguen cinco persoas en críticos e ascenden a 158 os hospitalizados noutras unidades --tres máis--.

CASOS ACTIVOS EN AUMENTO

Os casos activos de Covid-19 suman tres xornadas consecutivas en ascenso e repuntan a 13.710, que constitúen 1.298 máis que a xornada anterior, ao haber máis contagxos (1.769) que altas (468), ao que se engaden tres falecementos. O xoves pasado había 11.954 infeccións activas.

O ascenso é xeneralizado nas sete áreas sanitarias galegas, coa da Coruña e Cee con máis incremento (+275), seguida da de Santiago e Barbanza (+232), Vigo (+203), Ourense (+183), Lugo (+171), Pontevedra e O Salnés (+157) e Ferrol (+74). Así, a área da Coruña e Cee segue con máis casos activos, con 2.793, seguida da de Santiago e Barbanza, con 2.496; de Vigo, con 2.421; Lugo, con 1.755; Ourense, con 1.737; e Pontevedra e O Salnés, con 1.513; mentres que por baixo do milleiro mantense só a de Ferrol, con 975.

UCI do Hospital Clínico de Santiago / Ana Varela - Xunta.   / Europa Press
UCI do Hospital Clínico de Santiago / Ana Varela - Xunta. / Europa Press

MÁIS CONTAXIOS

Os novos contaxios de Covid-19 en Galicia tamén aumentan a 1.769, que supoñen 92 máis que os 1.677 do mércores, tras rexistrarse 1.244 o martes, despois de comezar esta semana con 724 novos casos abertos nas últimas 24 horas. Co novo protocolo non se contabilizan os autotest positivos e non se fan probas de diagnóstico a poboación en xeral, salvo á vulnerable. O xoves 23 de xuño houbo 1.447 novos.

E a taxa de positividade --número de PCR positivas por cada 100 realizadas-- baixa ao 50,76 por cento, tras subir ao 54,05% o mércores, despois de descender ao 37,81% o martes e comezar esta semana no 38,44%. Así, continúa por encima do 5% que marca a OMS para dar por controlada a pandemia.

FALECIDOS

As vítimas da pandemia da Covid-19 en Galicia rexistradas na web do Sergas aumentan a 3.597 ao notificar este xoves a Consellería de Sanidade tres falecementos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta