A DGT prevé 10,7 millóns de desprazamentos en Galicia na operación especial de verán, un 24% máis que en 2021

O delegado do Goberno pide "responsabilidade, prudencia e seguridade".

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 30/06/2022 | Actualizada ás 15:11

Comparte esta noticia

A Dirección General de Tráfico (DGT) prevé 10,7 millóns de desprazamentos en Galicia durante a operación especial de tráfico do verán, o que supón un 11,5% do total de coches que circularán nos meses de xullo e agosto en todo o Estado. Este dato é un 24% maior que o do pasado ano.

Atasco de tráfico na saída de Santiago de Compostela
Atasco de tráfico na saída de Santiago de Compostela | Fonte: Álvaro Ballesteros - Europa Press.

As cifras foron achegadas polo delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, quen asegurou que "Galicia está de moda" como "zona preferente nos desprazamentos dentro de España e falou de "cifras marca" nas previsións da DGT.

O delegado pediu "responsabilidade, prudencia e seguridade" en todos os movementos que se produzan no verán. "Nesta ocasión, non só quero referirme á condución, senón tamén aos desprazamentos en bicicleta ou motocicleta e moi especialmente aos peóns", apostilou.

Recalcou ademais, que "este ano" se produciron "seis falecidos en atropelos" en Galicia. Precisamente, os atropelos son os protagonistas da campaña de sensibilización da DXT para este verán.

Miñones explicou tamén que a operación saída das vacacións arrinca este fin de semana en Galicia con 550.000 desprazamentos, "o 12,5% do total estatal". Respecto ao ano pasado, esta cifra supón "un incremento do 40%". Será a primeira fase do catro nas que se divide a operación saída do verán. Durará desde este venres 1 de xullo ás 15,00 horas ata a medianoite do domingo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta