Ferrol rexeita un plan de mobilidade sustentable necesario para optar a axudas da UE

O rexeitamento deste documento foi posible grazas aos 12 votos en contra do grupo municipal maioritario, o do Partido Popular, e a abstención dos dous edís do BNG. Tan só votaron a favor o oito concelleiros socialistas do goberno que dirixe Ángel Mato e os tres de Ferrol en Común.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/06/2022 | Actualizada ás 18:43

Comparte esta noticia

O pleno do Concello de Ferrol rexeitou a aprobación do Plan de Mobilidade Urbana Sustentable (PMUS), un documento obrigatorio e necesario para todos aqueles municipios de máis de 50.000 habitantes para poder optar a subvencións da Unión Europea (UE) para poder acometer determinadas actuacións.

O rexeitamento deste documento foi posible grazas aos 12 votos en contra do grupo municipal maioritario, o do Partido Popular, e a abstención dos dous edís do BNG. Tan só votaron a favor o oito concelleiros socialistas do goberno que dirixe Ángel Mato e os tres de Ferrol en Común.

O portavoz do PSOE, Julián Reina, asegurou durante a sesión, desenvolvida desde as 10,00 horas deste xoves, que a non aprobación deste documento "pon en risco investimentos xa comprometidos de máis de 1,6 millóns de euros", apelando ao mesmo tempo "á responsabilidade de todos os grupos para lograr a súa aprobación e non prexudicar á cidade de Ferrol".

Por parte do PP, un dos seus portavoces adxuntos, Javier Díaz, lembrou que todas as súas achegas e alegacións "foron rexeitadas". "Ningunha foi tida en conta e vostedes o que pretenden (ao goberno) é continuar cun proceso de peonalización e eliminación de prazas de aparcadoiro que para nada solucionan os problemas de Ferrol, senón todo o contrario", aseverou.

Desde o BNG, o seu portavoz, Iván Rivas, criticou que o goberno municipal "non contestasen" as súas alegacións, nas que propón "un proceso de peonalización a seis anos". Tamén instou aos responsables do PSOE "a negociar e a chegar a acordos cando queiran, pero antes teñen que dicir cales son as súas propostas".

ORDENANZA DE ESTACIONAMENTO

Outro dos puntos rexeitado foi a modificación da ordenanza que recolle os prezos do parking de titularidade municipal situado baixo o Mercado da Magdalena, onde o goberno de Mato propón destinar unha serie de prazas a veciños deste barrio e de Ferrol Vello a un prezo de 39 euros por mes, moito máis barato que o actual.

A proposta non prosperou ao votar en contra tanto o PP como Ferrol en Común, absténdose o BNG e cotando só cos votos a favor do PSOE.

Os dous primeiros grupos criticaron que o goberno primeiro anunciase esta medida nos medios de comunicación e logo levase a comisión. Concretamente, Ferrol en Común cuestionou que se presente unha proposta "na que o prezo será o mesmo para un millonario que para un parado, sen ningún tipo de prioridade para as persoas máis desfavorecidas".

O alcalde de Ferrol, Ángel Mato
O alcalde de Ferrol, Ángel Mato | Fonte: Concello de Ferrol.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta