Lamento de Rueda pola "falta de interese" de Sánchez por Galicia ao non recibirlo "50 días" despois de pedirllo

Considera unha "deferencia" ser recibido este venres polo monarca español.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/06/2022 | Actualizada ás 19:02

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, afeou ao xefe do Executivo central, Pedro Sánchez, "falta de interese" por Galicia e "falta de respecto institucional", dado que, segundo remarcou tras a reunión semanal do seu Goberno, aínda está á espera de que Moncloa conteste á súa petición de audiencia.

"Agradecido" pola reunión que terá este venres co Rei Felipe VI en Madrid, lembrou que hai "50 días" desde que se formalizou a petición de audiencia ao presidente do Goberno, unha vez que foi elixido titular da Xunta, tras a marcha de Alberto Núñez Feijóo para dirixir o PP estatal.

Audiencia que, lamentou, "non é que non se producise", senón que a súa petición "nin sequera obtivo contestación", o que considerou "unha falta de respecto institucional". Pero tamén se evidencia, ao seu modo de ver, o "pouco interese" do Goberno polas necesidades de Galicia.

"Ningunha se solucionou e todas están agravadas", advertiu, para engadir que "a falta de interese" de Sánchez e o feito de que "non poida facer oco na súa axenda" para recibir ao presidente galego demostra que, "por moito que o tenten defender" os socialistas na Comunidade, "Galicia non está" entre as "prioridades" do mandatario estatal.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda / David Cabezón - Xunta de Galicia. / Europa Press
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda / David Cabezón - Xunta de Galicia. / Europa Press

REI

Por outra banda, o presidente manterá este venres a súa primeira audiencia coa súa Maxestade o Rei Felipe VI, a quen trasladará a situación de Galicia. Así o ratificou este xoves tras a reunión semanal do Executivo, nunha rolda de prensa na que se mostrou agradecido por que Felipe V lle reciba, o que considera "unha deferencia" e unha mostra de interese por parte do monarca.

Rueda contrapuxo esta "deferencia" coa "falta de respecto institucional" e "de interese" por coñecer as necesidades de Galicia que atribuíu ao presidente do Goberno, Pedro Sánchez, a quen tamén pediu unha reunión "hai 50 días", tras ser elixido mandatario galego, despois da marcha de Alberto Núñez Feijóo para liderar o PP.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Para o que lle vai servir ser recibido na Moncloa, case mellor non inisitir no tema ! Para reivindicar os temas de Galicia xa temos a Nestor Rego !