Os Blancos e Catoira, os concellos máis endebedados

A Coruña é a urbe das grandes sete cidades con maior débeda por habitante.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 01/07/2022 | Actualizada ás 19:08

Comparte esta noticia

A débeda conxunta dos concellos galegos alcanzou os 234,6 millóns de euros en total ao peche de 2021, un 8,1% máis que ao concluír 2020, cando era de 216,4 millóns, segundo o informe 'Débeda Viva das Entidades locais' publicado polo Ministerio de Facenda e Función Pública.

Diñeiro
Diñeiro | Fonte: Europa Press.

Se se observan os datos en relación á poboación de cada concello, o máis endebedado volve ser o Concello dos Blancos (Ourense), que debe case 4 millóns de euros, o que se traduce en 5.348,99 euros por veciño. Séguenlle o concello de Catoira (Pontevedra), onde cada veciño debe 1.163,15 euros --3,8 millóns de débeda total--; e Pol (Lugo), con 832,93 euros de débeda por habitante --1,3 millóns en total--.

Entre as sete grandes cidades, a da Coruña situouse a peche de 2021 como a máis empeñada de Galicia, con 223,20 euros per cápita ao ter unha débeda total de 5,48 millóns; seguida de Pontevedra con 79,82 euros por veciño, xa que debe máis de 6,6 millóns de euros.

No lado oposto sitúanse o Concello de Vigo, que só debe 1.000 euros --menos dun céntimo por persoa--, mentres que Ourense non ten débeda.

No medio están Ferrol, onde cada veciño debe 92,29 euros --case 6 millóns de débeda total--; Lugo, con 25,31 euros per cápita --case 2,5 millóns--; e Santiago de Compostela, con 6,6 euros por persoa --uns 646.000 euros--.

DEPUTACIÓNS

No que respecta ás deputacións galegas, a máis endebedada é a de Lugo con 12 millóns de euros en total, o que se traduce en 36,80 euros por cada veciño da provincia. Séguelle a de Ourense, con case 4,3 millóns en total, 14,05 per cápita.

Mentres tanto, a Deputación de Pontevedra debía ao concluír o ano 489.000 euros (0,52 euros por habitante) e a da Coruña non ten débeda.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta