Pedro Sánchez e Alfonso Rueda terán o seu primeiro encontro este mes de xullo

O delegado do Goberno espera que Rueda leve "temas serios.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 03/07/2022 | Actualizada ás 17:07

Comparte esta noticia

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, recibirá ao da Xunta, Alfonso Rueda, este mes de xullo. Así o avanzou o delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, nunha entrevista na Cadena Ser. Miñones asegurou que Sánchez xa lle trasladou que ao longo deste mes de xullo terá lugar esa reunión co titular do Goberno galego.

O presidente do Goberno de España, Pedro Sánchez
O presidente do Goberno de España, Pedro Sánchez | Fonte: Jesús Hellín - Europa Press.

Así mesmo, o delegado do Goberno manifestou que o presidente da Xunta debe entender a actual axenda do presidente do Goberno. Neste sentido, argumentou que se acaba de vivir "unha semana histórica" en España co cume da OTAN, "que tivo a súa preparación" e "Sánchez mantivo encontros as semanas anteriores por Europa".

"Creo que o presidente da Xunta entende e víveo en primeira persoa porque non puido facer esas reunións que ten demandadas por parte de moitos concellos e que necesitan de tempo. Neste mes de xullo comunicaranlle a data e terá esa reunión", puntualizou Miñones.

Sobre esta reunión, o delegado do Goberno dixo que espera que Rueda leve "temas serios" e que "implican e favorecen a Galicia". Neste sentido, lamentou que na reunión que o presidente galego mantivo coa vicepresidenta primeira, Nadia Calviño, "non houbo ningún tipo de reclamación máis aló de catro proxectos que xa están incluídos nos plans estratéxicos".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta