Un morto e 50 persoas atendidas nos 42 accidentes do fin de semana da Operación Saída en Galicia

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/07/2022 | Actualizada ás 12:45

Comparte esta noticia

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 atendeu a 50 persoas debido a 42 accidentes de tráfico rexistrados durante o pasado fin de semana que coincidiu coa Operación Saída de Verán, das que unha morreu no lugar do sinistro.

Segundo informou o 061, a Central de Coordinación recibiu entre as 15,00 horas do venres, 1 de xullo, e as 23,59 horas do domingo 3 un total de 51 chamadas en relación con accidentes de tráfico. O venres foi a xornada con máis sinistros, con 19.

Os recursos sanitarios mobilizados ascenderon a 60. En concreto, as ambulancias realizaron 53 saídas; os helicópteros medicalizados, dous; e os equipos sanitarios de Atención Primaria prestaron asistencia en cinco accidentes.

En 43 casos os feridos foron levados aos centros sanitarios correspondentes e en seis ocasións recibiron atención no lugar do sinistro sen necesitar traslado e unha morreu no punto do accidente. A proporción de homes atendida ascendeu ao 67 por cento e a de mulleres reduciuse ao 33%. En canto ás idades dos feridos, o 28% dos asistidos tiña entre 40 e 54 anos.

Por provincias, as da Coruña e Pontevedra, con 17 sinistros en cada caso, foron as que rexistraron máis accidentes durante os desprazamentos do fin de semana do inicio da Operación Saída de Verán, seguidas da de Ourense, con seis; e Lugo, con dous.

Persoal do 061 en Galicia. / 061 - Arquivo. / Europa Press
Persoal do 061 en Galicia. / 061 - Arquivo. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta