O PSdeG pide á Xunta que reclame ao Estado a competencia do litoral galego

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/07/2022 | Actualizada ás 14:01

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, instou á Xunta a reclamar ao Estado a competencia do litoral galego para que o emprazamento "das instalacións situadas en dominio público terrestre no litoral galego, do que dependen miles de familias, se decida en Galicia".

Para Formoso, "a decisión das autorizacións para decidir se sobrevive ou non un sector non se pode tomar desde o Paseo da Castellana, en Madrid", senón que "se ten que tomar desde aquí". "Somos os que mellor coñecemos as necesidades do sector e defendemos o sector e a sustentabilidade da nosa costa", destacou.

Nunha visita á confraría de pescadores de Baiona este martes, o líder dos socialistas galegos esixiu á Xunta que sexa "ambiciosa", "non só no ámbito da costa, senón noutros ámbitos nos que o Estatuto queda anticuado". "Galicia debe ser ambiciosa e reformar o Estatuto para dotalo de mecanismos de flexibilidade e de capacidade para xestionar os sectores estratéxicos do país", reafirmou.

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, nunha visita á confraría de pescadores de Baiona.. PSDEG
O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, nunha visita á confraría de pescadores de Baiona.. PSDEG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta