Por Galicia Confidencial | Alicante | 17/08/2014 | Actualizada ás 10:06
O mozo con síntomas de Ébola aislado en Alicante acaba de ser trasladado de hospital. O doente foi levado nun convoi escoltado pola Policía Nacional dente o Hospital Xeral ao Sant Joan.
Unha planta enteira do Hospital Xeral foi acondicionada para el. Con todo, a Generalitat procedeu o seu traslado ao centro que está nomeado centro de referencia nesa provincia no plan de continxencia do Goberno.
Esta persoa ingresou no hospital motu proprio, acompañado por varias persoas, cando menos unha muller familiar. Os acompañantes levaban mascarillas mentres agardaban fóra da zona de urxencias.
O mozo, de orixe africano volveu hai pouco de Nixeria, un dos estados afectados polo brote que a Organización Mundial da Saúde cualificou de pandemia internacional.
Segundo explica Diario Información de Alicante, o doente negouse a pór o traxe aislante, polo que os médicos tiveron que chamar a Policía Nacional.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.