Allariz ofrece visitas guiadas os domingos do verán

Realizaranse polo casco histórico con grupos reducidos dende o 17 de xullo ata finais de agosto.

Por Galicia Confidencial | Allariz | 08/07/2022 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

As visitas desenvolveranse en grupos reducidos de ata 25 persoas e partirán da Oficina de Turismo de Allariz ás 11:30 h. tendo una duración aproximada de 1 hora e media. Nelas percorreranse as beiras do río Arnoia e o casco histórico de Allariz, coñeceranse todo tipo de elementos culturais, monumentais, paisaxísticos e patrimoniais vencellados á historia alaricana, con especial atención as súas prazas, igrexas, recursos turísticos, lendas e anécdotas. 

Casco histórico de Allariz. Foto: XMF
Casco histórico de Allariz. Foto: XMF

As rutas guiadas serán realizadas pola cooperativa Xeitura e darán a coñecer Allariz dunha forma amena e divertida.O Arnado, a Praza Maior, A Paneira, a Igrexa de Santiago, a rúa da Cruz e o Edificio do antigo Xulgado serán algunhas das paradas inescusables nestes itinerarios.

Están pensadas para grupos reducidos, co cal cómpre reservar praza na Oficina de Información de xeito presencial, por teléfono chamando ao 988 442 008 ou no correo informacion@allariz.gal. A tarifa xeral será de 6 € e reducida de 3€ para parados, estudantes e xubilados, sendo de balde ata os 10 anos inclusive.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta