GOE-Asime insiste en que a eólica mariña e os usos pesqueiros son compatibles

O secretario xeral do Galician Offshore Energy Group (GOE-Asime), Enrique Mallón, embrou que 60.000 familias viven da industria do metal en Galicia e que "o espazo que se pode dedicar a parques eólicos nunca vai ser superior ao 1-2%, unha cantidade mínima de todo ese espazo marítimo".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/07/2022 | Actualizada ás 17:10

Comparte esta noticia

O secretario xeral do Galician Offshore Energy Group (GOE-Asime), Enrique Mallón, asegurou ao termo da reunión interna que se celebrou esta mañá en Ferrol que o desenvolvemento de parques de eólica mariña na costa galega é "perfectamente compatible" coa actividade pesqueira.

"Loxicamente, apostamos por estudar ata o máis mínimo detalle" dunhas implantacións que establecerá o Plan de Ordenación de Espazos Mariños que Mallón cre que se poderían publicar despois do verán. "Os grandes ambientalistas, como Greenpeace", engadiu, "defenden o desenvolvemento da eólica mariña e nós queremos que a industria galega aproveite os recursos que temos".

Así, o secretario xeral de GOE-Asime lembrou que 60.000 familias viven da industria do metal en Galicia e que "o espazo que se pode dedicar a parques eólicos nunca vai ser superior ao 1-2%, unha cantidade mínima de todo ese espazo marítimo".

"Galicia, e sobre todo Ferrol, mostrou as súas capacidades como hub de construción de equipamentos e compoñentes para parques eólicos mariños", apuntou Mallón, que lembrou que "máis de 40 empresas" participan xa neste sector, "dando emprego directo a máis de 1.200 persoas e indirecto a unhas 600".

"Estas cifras", apuntou, "pódense polo menos duplicar se facemos unha implantación de eólica mariña potente", pois, incidiu, "é unha oportunidade enorme para as empresas galegas".

Plataformas Eólicas Mariñas  IBERDROLA
Plataformas Eólicas Mariñas IBERDROLA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta