Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/07/2022 | Actualizada ás 11:23
Dúas mulleres de 101 e 107 anos de idade con patoloxías previas inclúense entre o últimas nove vítimas da pandemia pola Covid-19 notificadas este venres pola Consellería de Sanidade.
En concreto, segundo a información difundida por Sanidade, as últimas nove vítimas notificadas, con patoloxías previas, faleceron todas o pasado 6 de xullo, entre elas unha muller de 101 anos na área sanitaria da Coruña e Cee e outras de 107 na de Pontevedra e O Salnés.
Ademais, esa xornada morreron unha muller de 97 anos e un home de 86 na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés; así como unha muller de 89 anos e un home de 88 anos na da Coruña e Cee.
Tamén o 6 de xullo morreu un home de 74 anos de idade na área de Santiago e Barbanza; outro de 75 na de Vigo e outro home de 92 anos na de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras. No que vai de pandemia pola Covid-19 en Galicia faleceron 3.654 persoas, mentres que 636.084 pacientes curáronse no conxunto da Comunidade galega.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.